Actas A.C. Trépia

Neste apartado iremos-vos ofrecendo os enlaces de descarga das actas que vos foron enviadas por mailing.  Atoparedes aqui, pois, tanto as actas das Asembleas Xerais que se convoquen como as das Xuntas Diretivas e Xuntas Económicas.

Lembrai que as actas novas teñen carácter informativo -xa que deben ser aprobadas e asinadas pola Xunta Diretiva para teren o carácter de actas oficiais-. O funcionamento interno da Asociación estabelece que as actas serán asinadas -previa aprobación- antes do feche de cada exercicio económico (cada ano natural). É por isto que as actas de exercícios xa fechados aparecen como "Libro de Actas" seguido do ano do que se trate.

Esta sección inaugura-se en aplicación das decisións tomadas pola Xunta Diretiva en relación coa normativa de transparencia de contas e comunicación aos sócios; xa que os non asistentes ás Asembleas acatan -por estatutos- as decisións das mesmas e, por ende, teñen direito a coñecer os contidos das actas.

Solicitar Listaxe de actas A.C. Trépia

Estes documentos están aloxados no servizo de almacenase de Google Drive.