Cantar de reis - A.C. Trépia

Como sabedes, este ano participamos directamente na programación de nadal do Concello de Pontevedra, dinamizando as ruas e prazas da cidade cos cantares e danzas de reis.

Aquí tendes un pequeno repaso das edicións anteriores.

Seguir lendo

Ciclo das labradas

Desde o ano 2010 a Asociación Cultural Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio).

Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

Atalora ten-se convertido xa nun evento afianzado na cidade, e unha referencia entre os eventos da música tradicional da contorna na que cada vez participan máis grupos e escolas.

3ª fase Asturies

ENCONTROS COAS CULTURAS TRADICIONAIS PENINSULARES

2ª edición dos encontros... na 3ª fase.

Nesta ocasión visitan-nos Ramsés Ilesies Fernández, Paulino Santirso e María Vázquez. Apresentarán-nos repertório de cantares e bailes de Asturies (zona centro, oriente e occidente)

Seguir lendo

Máis artigos

  • 1
  • 2