Cantar de reis - A.C. Trépia

Como sabedes, este ano participamos directamente na programación de nadal do Concello de Pontevedra, dinamizando as ruas e prazas da cidade cos cantares e danzas de reis.

Aquí tendes un pequeno repaso das edicións anteriores.

Seguir lendo

3ª fase Asturies

ENCONTROS COAS CULTURAS TRADICIONAIS PENINSULARES

2ª edición dos encontros... na 3ª fase.

Nesta ocasión visitan-nos Ramsés Ilesies Fernández, Paulino Santirso e María Vázquez. Apresentarán-nos repertório de cantares e bailes de Asturies (zona centro, oriente e occidente)

Seguir lendo

Aña Urbana

Desde o ano 2010 a Asociación Cultural Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio). Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

HISTORIAL DE GRUPOS PARTICIPANTES

2010

  • Pandereteiras Almuinheira (A.C. Almuinha, Marín)
  • Pandereteiras do Suído (A Lama)

2011

  • Conferéncia: Luis Prego + Pandereteiras de Toutón
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • A.C. Retrouso (Bueu)
  • Grupo de baile da A.C. Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • Os Saramagos (Redondela)
  • Maghúa pandereteiros (A Coruña)
  • Pandereteiras As Tarambainas (Vigo)
  • A.C. Seixebra (Moraña)

2012

  • Conferéncia: Xandre Outeiro. Presentación dos "Cadernos da aña"
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

2013

  • Conferencia Carlos Álvarez + Pandereteiras de Gargamala e A Ermida
  • Pandereteiras do Suído (A Lama)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • Pandereteiras As Tarambainas (Vigo)
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • Tanxedoras (Vigo)

2014

  • Pandereteiras do Suído (A Lama)
  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

2015

  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

AVANCE DA PROGRAMACIÓN: AÑA URBANA 2016

15-25 ABRIL: Casa da Luz (Praza da Verdura)

  • EXPOSICIÓN TRAXE TRADICIONAL
  • 21 ABRIL: CONFERÉNCIAS DA AÑA URBANA

    23 ABRIL: AÑA URBANA

    • 11:00h.: Apertura da carpa e da Feira de Artesanía (Praza do Concello)
    • 11:00h. - 14:00h.: Roteiros dos grupos participantes polas ruas e prazas do centro histórico de Pontevedra
    • 14:00h. - 17:00h.: Xantar popular
    • 17:30h. - 19:30h.: Obradoiros de toques de legón e baile tradicional
    • 19:30h. - 20:30h.: Intervencións de informantes da aña
    • 21:00h.: Actuación A.C. Trépia
    • 21:30h. - feche: Serán da Aña Urbana 2016

    Tés un grupo e queres participar?

    Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo.

    O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras... Todo ten cabida na Aña Urbana!

    FORMULÁRIO GRUPOS