Aña Urbana 2019

AÑA URBANA 2019

10 anos arando asfalto...

Faltan só:
días horas min. segs.
Se queres consultar a programación da Aña Urbana para este ano, estás no lugar correcto!

Sachos ao lombo!

A Aña Urbana fai este ano 10 anos xa, e queremos celebrá-lo cun programa especial inzado de novidades e sorpresas...

Iremos desvelando todo ao seu debido tempo, conforme se vaia confirmando a programación. Nesta páxina podedes consultar todos os avances do programa.

Programa:

  • Apertura da carpa 11:00h.

  • Sorteo da orde de actuacións 11:30h.

    No posto da A.C. Trépia dentro da carpa realizará-se un sorteo para asignar as paradas do roteiro aos grupos participantes.

  • Roteiros 12:00h.

    Todos os grupos participantes formarán unha comitiva que percorrerá estas paradas (se o número de participantes for maior que 5, habilitaremos un segundo roteiro):

    • 12:00h. CARPA (saída) – 12:25h.
    • PEREGRINA – 12:50h. CURROS ENRÍQUEZ – 13:15h.
    • ABASTOS – 13:40h. LEÑA – 14:05h. CARPA (chegada)
    GRUPOS INSCRITOS:
    • Estraloque (A.VV. Emilio Crespo de Navia)
    • Estreliñas (Tomeza)
    • O Carballo das Cen Pólas (Reboreda - Redondela)
    • Trébede (Marín)
    • Peis d'Hos (Cangas)
    • Retrouso de Cela (Bueu)
    • Escola A.C. Trépia
  • Entrega do prémio "Roteiros da Aña Urbana 2019" 14:20h.

    Unha das novidades desta edición 10º aniversário será a entrega dun prémio à mellor actuación dos roteiros da Aña Urbana. O xurado estará composto pola Xunta Directiva da A.C. Trépia.

  • Xantar 14:30h.

    Pausa para desfrutar dos postos de xantares que se colocarán na carpa.

  • Obradoiro de regueifa 16:00h.

    Con Felipe de Dodro e Rato de Poio.

    Descobre os segredos da improvisación de estrofas, cun obradoiro-demostración en aberto.
  • Obradoiro de toques de leghón e baile do ramo 18:00h.

    En aberto, para tod@s @s que queirades participar.

    18:00h. - 18:30h.: Obradoiro de toques de leghón, con Xandre Outeiro
    18:30h. - 19:00h.: Obradoiro do baile do ramo, con Miguel Sotelo
  • Bailescribindo por fin! 19:00h.

    Prsentación práctica dos Bailegramas de Serxio Cobos, con Mercedes Prieto.
    Entrevista CRTVG
  • Concerto 20:00h.

  • Serán da Aña Urbana 21:30h.

    Abrirán o serán Rexubeiras, seguidas das pandereteiras SOLIMÁN, da escola da A.C. Trépia.
    De aí en diante... inscricións para participar, no momento!

LOCALIZACIÓNS DA AÑA URBANA 2019

Podes ver as localizacións das paradas do roteiro, a carpa da Aña Urbana e outras ubicacións de interese do evento

VER MAPA

Tamén che pode interesar

Inscrición grupos participantes

A inscrición está xa fechada para esta edición. Moitas grazas a todos os grupos participantes! Vemo-nos sábado!!

Continue reading

  • Hits: 2662

Monográfico Bergantiños - Miro

Maneo de Bergantiños

Xornadas de formación A.C Trépia
Agradecementos moitisimo
a túa asistencia esperamovos na seguinte

Edelmiro Regueira Castañón

Cando falamos de baile tradicional, falamos de autenticidade e respeto, sen añadiduras nin florituras coreográficas para enriquecer.
Polo contrario, trataremos de ser o máis fieis posible á realidade, chegando se cabe a adoptar estilos das vellas e vellos baliadores.

Profesor de Baile

17 de febrero 2019

Contido do monográfico

Estudo dos distintos xeitos de bailar o maneo.
  • Estudo do movemento do corpo para cada distinto aire de pandeireta.
  • Iniciación a técnica basica.
  • Aprendizaxe de puntos básicos de distintas zonas xeográficas.
  • Montaxe dun baile tradicional.

A quen foi dirixido:

A todas aquelas persoas que amosen algún interese polo Maneo e teñan destreza neste arte.
  • Buscar unha actitude de respecto cara o traballo que rodea a aprendizaxe do baile.
  • Desenvolver e fomentar a capacidade creativa persoal.
  • Adquisición e desenvolvemento de pasos técnicos. .
  • Ampliación da capacidade de expresión e interpretación.
  • Fomento do sentimento de pertenencia grupal sin atender a factores de idade, grupo social, persoalidade.
Despertar no alumno o amor polo baile tradicional .

Descubre o programa de monográficos da asociación.

Saber mais

Continue reading

  • Hits: 497

Gravación Trépia 2019

PONTEVEDRA

TRÉPIA

...gravando!

Motísimas grazas Trépias!!!

Este proxecto é posíbel grazas às aportacións d@s sóci@s e à participación desinteresada de máis de 50 alumn@s, profesores e colaboradores. De aqui a pouco comezaremos a etapa de mastering... Xa non tarda!
  • Reparacións de última hora...

    01/02/19 Reparacións de última hora...
  • Beta tester...

    02/02/19 Beta tester...
  • Na Xota do Vilar

    02/02/19 Na Xota do Vilar
  • Probando...

    02/02/19 Probando...
  • Labrando en Fofe

    02/02/19Labrando en Fofe
  • Primeira escoita

    02/02/19Primeira escoita
  • Pandeiretando na Silveira

    02/02/19Pandeiretando na Silveira
  • Parte das Solimán, en A Silveira

    Dia 3, 8/2/19Parte das Solimán, en A Silveira
  • Parte das Solimán, en Siqueiros

    Dia 3, 8/2/19Parte das Solimán, en Siqueiros
  • Parte das Solimán, en Siqueiros

    Dia 3, 8/2/19 Solimán
  • Que chova!

    08/02/19 Solimán
  • Nas probas, con Eira de espectadora

    09/02/19 Aulas de pandeiro
  • Na Silveira

    09/02/19 Aula de pandeiro
  • Cortellas

    09/02/19 Aula de pandeiro
  • Pandeiretas que non falten

    15/02/19 Solimán
  • Outra tanda de Solimán

    15/02/19 Solimán
  • Óscar Lope

    16/02/19 Con xoguete novo :)
  • Lucía Arcos e Laura García

    16/02/19 Suán e o teixughiño
  • Outra riscadela!

    16/02/19 Xota do Vilar
  • Xito Outeiro

    16/02/19 Trasteando
  • Máis madeira!

    21/02/19 Aulas de pandeiro
  • Máis madeira!

    21/02/19 Aulas de pandeiro
  • Máis madeira!

    21/02/19 Aulas de pandeiro
  • Harpa

    21/02/19 Roi Éaran
  • Harpa

    21/02/19 Roi Éaran
  • Requinta

    26/02/19 Roi Éaran
  • Mozos

    26/02/19 Mozos, eramos poucos :)
  • Angudes

    26/02/19 Veña Angudes
  • Máis Angudes

    26/02/19 Máis Angudes
  • Diatónico

    24/04/19 Sonsoles Penadique

Continue reading

  • Hits: 1074

Monográfico de Técnica Vocal - Xela Conde

Tecnica Vocal
- iniciación -

Xornadas de formación A.C Trépia
Agradecementos moitisimo
a túa asistencia esperamovos na seguinte

XELA CONDE FERNÁNDEZ

Dirixido a todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

Profesor de Baile

Coordinadora, maestra en O Fiadeiro, Escola Municipal de música tradicional e fok de Vigo, Tradescola (Lugo), Sondeseu

Contido do monográfico

A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz.
A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …)
E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

Descubre o programa de monográficos da asociación.

Saber mais

Continue reading

  • Hits: 139

Xaneiras 2019

XANEIRAS 2019

A benvida ao novo ano.

Encontro da A.C. Trépia para cantar as xaneiras

Encontro da A.C. Trépia para cantar as xaneiras polos locais habituais do centro histórico de Pontevedra. 🗣 Logo dos ensaios convocados en aberto ao longo da semana, a comitiva percorreu diferentes locais do centro histórico da cidade para interpretar os cantares das xaneiras. ⏱ Desta volta a convocatória foi para o sábado, 12 de xaneiro, a partires das 21:00h. 👁‍🗨 As xaneiras pechan o ciclo de de nadal da nosa música tradicional, do que forman parte tamén os cantares de nadal, aninovo e reis, e as própias danzas de reis.

xaneiras, actividades, ciclo de nadal

Continue reading

  • Hits: 561
Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter información estatística sobre a navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa a navegación, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí (ligazón á páxina de cookies).