Brinquedos

Unha aula para os máis pequenos se iniciaren no mundo da música a través da expresión corporal e mediante o achegamento a conceitos musicais básicos.

3 a 7 anos

de idade

Directora da Escola A.C.Trépia

Profesora de Acordeón Diatónico

Dirección e condinación das aulas Brinquedos

Sonsoles Martinez

Unha aula para os máis pequenos se iniciaren no mundo da música a través da expresión corporal e mediante o achegamento a conceitos musicais básicos (coma ton, timbre, volume e intensidade, etc...), mais tamén mediante a aprendizaxe de xogos e cancións infantis tradicionais.
Organizarán-se dúas quendas segundo idades (de 3 a 7 anos) que funcionarán como aulas unitárias na que @s cativ@s poderán experimentar en grupo cos instrumentos e ritmos da música tradicional, à par que desenvolven a súa musicalidade.

Como podes facer para matricularte

Tes que saber que as prazas son limitadas para axudarnos a garantir unha calidade e atención dedicada.
O mantemento desta aula é de 30€, tamén é importante que os pais vos fagades socios.

Se precisas de máis información podes escribirnos ou pasarte polo horario de visita da escola os martes 19:00 a 20:00 segundo andar, estaremos encantadas de atenderte.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter información estatística sobre a navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa a navegación, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí (ligazón á páxina de cookies).