Skip to main content

Aña de Aboal

Aña de Aboal

A AÑA EN ABOAL

[...] os veciños de Aboal (Mondariz) botan a aña en dous cabeceiros: as que primeiro chegan á cima comezan a tocar nos legóns con pedras (as preferidas, pola sua dureza e forma, son os “seixos brancos”) e botan a ribeirana da aña (melodia, por certo, que adoita ser específica para este efecto; ou sexa, que non se canta en ningun outro contexto). Un home beilla co ramo de loureiro en alto, sacando a facer un punto a várias mulleres, de unha en unha, para rematar espetando o ramallo na terra. Despois bota-se o carro de bois a andar para labrar o resto da leira, mentres as mulleres camiñan tras del entonando o cantar da aña (tamén específico)[...] [...]En Aboal, adovia-se un ramallo de loureiro con cintas e lazos, froitos da tempada e rosquillas. Un mozo saca a bailar ás mozas, unha a unha, levando o ramallo nunha man no alto. Bota un punto do baile con cada moza para, ao final, espetar o ramallo na leira. Ao rematar, comeza o carro a andar, e as mozas camiñan detrás del entonando o “cantar da aña” –unha melodía de carácter moi melismático específica para ese día do ano-. O cantar da aña adoita-se botar nun ton alto e potente, empregando como recurso o “alteo” (octaveo da melodía). Poderiamos facer unha interpretación desta tradición como un verdadeiro rito de fertilidade da terra: o ramallo, transmisor da fertilidade das mozas que bailaron previamente, espeta-se na leira para lla transmitir á terra (“...era p’ra que houbera boa colleita...”)[...]
(EXTRACTOS DE "MANÜELE... DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL". XANDRE OUTEIRO EN EDICIÓNS INTERMITENTES, 2012)
Transcrición da entrevista a Marina Alfaia Soanes:
[...] Facía-se un ramo, e plantaba-se na veigha [...] i antón é cuando [...] as que viñan tocando no leghón [...] tocaban, com[a co]’a pandareta, arredor do ramo. [o ramo] era pa’ beilar arredor del. E aghora non é coma iantes, que levaba fresas desas qu’están nos matos; e levaba as zreixas, que xa había zreixas, que aghora no’as hai... e rosquillas, que despois comiamos todos nelas arredor do ramo. [...]acabas de botar a jota e a muiñeira, co leghón, antes de botar o carro a andar [...] O cantar é cuando terminas, que terminas de cantar, e de beilar, e bota o ghando a andar, e é [cando se] bota o cantar da iaña [...]

CANTAR DA AÑA DE ABOAL

midi

RIBEIRANA DA AÑA DE ABOAL

midi

XOTA DA AÑA DE ABOAL

midi