Estamos xa no segundo prazo de inscricións na escola Trépia para o curso 2018-2019.
Nesta quenda cubrirán-se as prazas que quedan dispoñíbeis logo do primeiro prazo, no que se inscribiu o alumnado de anos anteriores.
As prazas son asignadas por orde de inscrición, asi que non hai tempo que perder. Bulide!
Como novidade na xestión da escola, incorporamos un horário de atendimento ao alumnado (martes, de 19:00 a 20:00, no Antigo Conservatório de Pontevedra).
Nas seccións de cada aula están xa dispoñibles os horários para o curso vindeiro, que comezará o 1 de outubro de 2018.
Como complemento à oferta da escola, convocan-se tamén cursos intensivos e monográficos en aberto, aos que calquer persoa pode asistir.
Estade atent@s às novidades na web Trépia para manter-vos informad@s das convocatórias.