Pandeireta e canto tradicional II B

Fin de matricula 17 Setembro 2017

Martes
19:00 a 20:30
30 ses. 90 mins 12 0
20€ Socios +5€ non socios

Matrícula fechada
  • Anaïs Barbier

    Anaïs Barbier

    Pandeireta e canto tradicional
    • ESTE GRUPO ESTÁ COMPLETO

      Aula de continuidade da aula canto e pandeireta I. O alumnado ampliará neste curso o seu repertório de recursos melódicos e rítmicos, mediante a montaxe de pezas dalgunha das zonas propostas no temário (serán, Suído e Terra de Montes).

      • Os obxectivos son mellorar o funcionamento grupal dacordo ao xeito natural -e tradicional- de facé-lo, facendo fincapé en cuestións como a non memorización sistemática de arranxos e letras; mais ao contrário: adquirir a habilidade necesária para tocar e cantar con naturalidade dentro dunha masa coral tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.

      • Traballará-se tamén a técnica vogal e a ornamentación melódica, à par que a rítmica coa pandeireta, ampliando os recursos dispoñíbeis mediante a aprendizaxe de pezas do repertório tradicional.
    • O alumnado poderá participar, se @ profesor/a o considera, nas seguintes actividades complementares:
      - Actuacións magosto
      - Cantares de reis
      - Roteiros da Aña Urbana
      - Actuacións fin de curso
    • 3, 10, 17, 24 e 31 outubro;
      7, 14, 21 e 28 novembro;
      5, 12 e 19 decembro;
      9, 16, 23 e 30 xaneiro;
      6, 20 e 27 febreiro;
      6, 13 e 20 marzo;
      3, 10, 17 e 24 abril;
      8, 15, 22 e 29 maio.
    Pandeireta e canto tradicional II B

    Iniciación II

    Como funciona

    Unha vez cuberta a tua inscrición, recibirás a confirmación via correo electrónico.
    Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores. Se este é o teu caso, por favor fai a inscrición na quenda que che foi notificada por e-mail anteriormente.
    Máis información

    Voltar aos cursos