GRUPO A: Martes, de 20:30 a 22:00
GRUPO B: Xoves, de 20:30 a 22:00

(horário actualizado)

Pandeireta e canto tradicional II (perfeizoamento)

• Aula de perfeizoamento de canto e pandeireta. O alumnado deberá ampliar neste curso o seu repertório de recursos melódicos e rítmicos, mediante a montaxe de pezas dalgunha das zonas propostas no temário (serán, Suído e Terra de Montes).

• Os obxectivos son mellorar o funcionamento grupal dacordo ao xeito natural -e tradicional- de facé-lo, facendo fincapé en cuestións como a non memorización sistemática de arranxos e letras; mais ao contrário: adquirir a habilidade necesária para tocar e cantar con naturalidade dentro dunha masa coral tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.

• Traballará-se tamén a técnica vogal e a ornamentación melódica, à par que a rítmica coa pandeireta, ampliando os recursos dispoñíbeis mediante a aprendizaxe de pezas do repertório tradicional.

• Se o profesor o decide e o alumnado está disposto, poderán participar puntualmente como grupo de escola nalgún evento da asociación (como a Aña Urbana ou as Xaneiras e Cantares de Reis).

1 sesion semanal de 90'

Prezo: 25 €/mes (sóci@s A.C. Trépia -5€)

Mínimo de prazas: 6 Máximo de prazas: 12

Antigo Conservatório (Rua Afonso XIII, Pontevedra)

Data das sesións

Martes:
4, 11, 18 e 25 outubro;
8, 15, 22 e 29 novembro;
13 e 20 decembro;
10, 17, 24 e 31 xaneiro;
7, 14 e 21 febreiro;
7, 14, 21 e 28 marzo;
4, 18 e 25 abril;
2, 9, 16, 23 e 30 maio.

Xoves:
6, 13, 20 e 27 outubro;
3, 10, 17 e 24 novembro;
1, 15 e 22 decembro;
12, 19 e 26 xaneiro;
2, 9, 16 e 23 febreiro;
9, 16, 23 e 30 marzo;
6, 20 e 27 abril;
4, 11, 18 e 25 maio.

32 ses.  1,5 h. 12 pr.
25€/mes

Andrea Menendez
(GRUPO A)

Profesora de pandeireta

Xandre Outeiro
(GRUPO B)

Profesor de pandeireta