Luns, de 20:30 a 22:00

Horário definitivo

Pandeireta e canto tradicional III (perfeizoamento)

Grupo completo

• Aula de perfeizoamento de pandeireta e canto tradicional. O alumnado traballará montaxes musicais baseadas no tradicional, que serán incluidas no repertório oficial da asociación. Ademais de ampliar o repertório de recursos melódicos e rítmicos mediante a aprendizaxxe de pezas, incorporará-se ao temário material e recursos doutras zonas diferentes das estudadas previamente. O alumnado deberá mellorar o seu funcionamento en grupo (igualamento de arranxos, correcta colocación vogal e igualamento da técnica na pandeireta, etc...)

• Nesta aula aprenderá-se aos alumnos o repertório básico da asociación, ademais das pezas do temário. O profesor/a ofrecerá puntualmente -aos alumnos que cumpran os requisitos- a participación nas actuacións de carácter tradicional da Asociación Cultural Trépia; para o cal @ alumn@ deberá participar en -como mínimo- dous ensaios do grupo oficial da asociación. @ alumn@, por descontado, non ten obriga de participar se non o desexa.

1 sesion semanal de 90'

Prezo: 25 €/mes (sóci@s A.C. Trépia -5€)

Mínimo de prazas: 6 Máximo de prazas: 12

Antigo Conservatório (Rua Afonso XIII, Pontevedra)

Data das sesións

3, 10, 17 e 24 outubro;
7, 14, 21 e 28 novembro;
12 e 19 decembro;
9, 16, 23 e 30 xaneiro;
6, 13 e 20 febreiro;
6, 13, 20 e 27 marzo;
3, 16* e 24 abr.;
8, 15, 22 e 29 maio.

32 ses.  1,5 h. 12 pr.
25 €/mes

Xandre Outeiro

Profesor de Pandeireta

Director da escola A.C. Trépia