Xoves, de 19:00 a 20:30

Horário definitivo

Baile tradicional (iniciación)

• Aula de nível básico de baile tradicional. O alumnado deberá rematar o curso con coñecimentos xerais sobre o baile tradicional (tipoloxías, zonas etnográficas, recursos do baile tradicional en cada zona) e deberá ser quen de reproducir pasos base do baile tradicional (valseados e picados en xota e muiñeira, agarrados tradicionais) a través da aprendizaxe de montaxes de baile conforme aos estilos das zonas sinaladas no temário (Serán, Suído e Terra de Montes: isto é, as etnozonas mais senlleiras e próximas à nosa escola).

• Se o/a profesor/a o decide e o alumnado está disposto, poderán participar puntualmente como grupo de escola nalgún evento da asociación (como a Aña Urbana).

1 sesion semanal de 90'

Prezo: 25 €/mes (sóci@s A.C. Trépia -5€)

Mínimo de prazas: 6 Máximo de prazas: 12

Casa Azul (Rua Sor Lucía, Pontevedra)

Data das sesións

6, 13, 20 e 27 outubro;
3, 10, 17 e 24 novembro;
1, 15 e 22 decembro;
12, 19 e 26 xaneiro;
2, 9, 16 e 23 febreiro;
9, 16, 23 e 30 marzo;
6, 20 e 27 abril;
4, 11, 18 e 25 maio.

32 ses.  1,5 h. 12 pr.
25 €/mes

Miguel Sotelo