Martes, de 19:00 a 20:30

Baile tradicional (montaxes - perfeizoamento)

• Aula de perfeizoamento de baile tradicional. O alumnado traballará montaxes escénicas baseadas no tradicional, que serán incluidas no repertório oficial da asociación. Ademais de ampliar o repertório de movimentos e recursos do baile tradicional, incorporará-se ao temário material e recursos doutras zonas diferentes das estudadas previamente. O alumnado deberá mellorar o seu funcionamento en grupo (igualamento de movimentos e posturas corporais e de brazos, igualamento de desprazamentos en saídas e entradas à roda, perfeizoamento do movimento en tablón, etc...)

• Nesta aula aprenderá-se aos alumnos o repertório básico da asociación, ademais das pezas do temário. O profesor/a ofrecerá puntualmente -aos alumnos que cumpran os requisitos- a participación nas actuacións de carácter tradicional da Asociación Cultural Trépia; para o cal @ alumn@ deberá participar en -como mínimo- dous ensaios do grupo oficial da asociación. @ alumn@, por descontado, non ten obriga de participar se non o desexa.

1 sesion semanal de 90'

Prezo: 25 €/mes (sóci@s A.C. Trépia -5€)

Mínimo de prazas: 6 Máximo de prazas: 12

Casa Azul (rua Sor Lucía, Pontevedra)

METODOLOXIA

Sesións Prácticas

Requisitos de acceso: ter superado o curso de perfeizoamento ou acreditar un nível equivalente.

Data das sesións:
4, 11, 18 e 25 outubro;
8, 15, 22 e 29 novembro;
13 e 20 decembro;
10, 17, 24 e 31 xaneiro;
7, 14 e 21 febreiro;
7, 14, 21 e 28 marzo;
4, 18 e 25 abril;
2, 9, 16, 23 e 30 maio.

32 ses.  1,5 h. 12 pr.
25 €/mes

Miguel Sotelo

Profesor de baile