Técnica vocal - (Teórico e Práctico)


Lista de agarda
  • até: Martes, 05 Febreiro 2019
  • Nivel:
    Iniciación
  • Día: Sábado, 09 Febreiro 2019
  • Horario: maña e tarde
  • Duración: 6h
  • Ratio: 15 por sesión
  • Prazas dispoñibles: Completo
  • Prezo: 50€ 45€
  • Fai click! Folla de agarda
  • Monográfico

    Todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

  • Metodo

    A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

    O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

  • Sábado, 09 Febreiro 2019
  • Instruccións e funcionamento

    LISTA DE AGARDA

    Unha vez completes esta folla de formulário, recibirás no mail indicado a confirmación da túa solicitude de agarda de praza, que validarase no caso de cancelación ou baixa das anteriores parazas cubertas. O 5 de febreiro remata o prazo de inscrición no monográfico Técnica vocal - Teórico e Práctico con Xela Conde Fernández. No caso de ser aceptada poremonos en contacto para formalizar esta matricula e abonares a(s) cuota(s) correspondente(s) o antes posible.

A matricula remata o:
Martes, 05 Febreiro 2019
Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.