Sobre a Asociación Cultural Trépia...
Na A.C. Trépia teñen cabida moitas e variadas actividades culturais. O eixo central, como é óbvio, é a música tradicional; pero ese eixo é traballado desde unha óptica aglutinante innovadora. Quer dicer, que dado que a música tradicional representa unha expresión cultural colectiva atemporal (existiu onte, existe hoxe, e existirá mañá; abranguendo e incorporando caracterÃsticas e matices de todas as épocas ao longo da súa vida), non podemos separar esta expresión cultural doutras manifestacións contemporáneas.
As gravacións do arquivo de rcolleitas conteñen mostras máis antigas, pero tamén outras rexistradas no 2005, 2006... até a actualidade. Como pretender, pois, musealizar e



















