Sobre a Asociación Cultural Trépia...
Na A.C. Trépia teñen cabida moitas e variadas actividades culturais. O eixo central, como é óbvio, é a música tradicional; pero ese eixo é traballado desde unha óptica aglutinante innovadora. Quer dicer, que dado que a música tradicional representa unha expresión cultural colectiva atemporal (existiu onte, existe hoxe, e existirá mañá; abranguendo e incorporando caracterÃsticas e matices de todas as épocas ao longo da súa vida), non podemos separar esta expresión cultural doutras manifestacións contemporáneas.
As gravacións do arquivo de rcolleitas conteñen mostras máis antigas, pero tamén outras rexistradas no 2005, 2006... até a actualidade. Como pretender, pois, musealizar e anquilosar como algo estático a nosa música tradicional? É algo vivo, activo e presente na sociedade do século XXI; e como tal, non se lle poden negar as posibilidades que ten en canto música contemporánea que é. Asà pois, esta asociación ten participado en inicativas como DuploR (Concertos Regueifa-Rap), os certames GzCrea (1º premio música ano 2008, 2º premio música ano 2010, 2º premio videocreación 2008 e 2010), Nsaio Xeral (2008) ou o Pecha-Kucha Night (mostra de novos creadores) en dúas ocasións. Promovemos actividades arredor da presencia da música tradicional en ambientes urbanos (como a Aña Urbana, con máis de 7 edicións) e temos participado en distintos programas socio-educativos tanto co concello de Pontevedra (Noites Abertas, aulas de baile e pandeireta en centros sociais e asociacións veciñais, programas de dinamización do rural, etc.).

Un obxectivo fundamental é fornecer aos sócios un espazo de expresión aberto dacordo ás necesidades plantexadas: incluso as actividades non-musicais teñen cabida, en tanto que forman parte do noso entorno cultural (temos tamén aportado monitores deste eido a distintos porgramas formativos –aulas de pintura e debuxo, obradoiros de ganchillo, ou mesmo a aula de pasamanerÃa e bordado ao ar-)

A escola da asociación é a columna vertebral de todo o tecido asociativo: ao longo dos 4 anos de convocatória oficial de obradoiros teñen-se impartido aulas de pandeireta e canto, baile, gaita, percusión, linguaxe musical, confección de pasamanerÃa tradicional, confección de aderezos (en distintas festividades do ciclo do ano, coma os obradoiros para o vestiário e complementos das danzas de reis, etc.) Tamén se teñen realizado obradoiros como a Aula de análise do Arquivo de Recolleitas –para a dixitalización e catalogación das gravacións do arquivo- ou a Aula de Experimentación Musical –cerne do que co tempo foi o Projecto Trépia-.
Parellamente á escola, a asociación conta cos grupos Projecto Trépia e A máquina de meter medo –cada un cuns obxectivos e funcionalidade diferenciados-; e vimos de crear en colaboración coa A.C. Loaira un novo grupo de baile chamado Trébede. Estes grupos son a porta de saÃda ao traballo da asociación, achegando ao público e ao mundo a idiosincrasia e opción de traballo da A.C. Trépia.










