TOP bottom

Sobre a aña

Que é a "botá-la aña"?

sacho pequeninho"Botá-la aña" é o nome que recibe un ítem cultural relacionado co ciclo do ano no mes de Abril. É no tempo de traballar a terra para facer a sementeira. O comezo do ciclo produtivo da terra...

Nunha ampla zona do interior de Pontevedra (especialmente as zonas nas que as pandeiretadas reciben o nome de "serán") adoitaban xuntar-se dúas ou mais familias para realizaren estes traballos.

É na comarca de Mondariz - A Paradanta onde este ítem se manifesta dun xeito mais senlleiro: Primeiro labran-se os cabeceiros (dous grandes regos na cima e no fondo da leira, destinados à reubicación da terra desprazada ao arar a leira: no cabeceiro do fondo retira-se a terra, que será transportada despois ao da cima para que, co paso dos anos, a leira non esmoreza). Este traballo é o máis significativo culturalmente: os viciños reparten-se en dous bandos para labrar os cabeceiros, "competindo" entre eles por ver cal bando remata primeiro. O que primeiro acabe, logo, gaña o "direito" a comezar a botar coplas a desafío cara ao outro bando, percutindo nos leghóns con pedras.

A continuación labran-se os cadabullos (duas franxas laterais de terreo necesaria para que o carro de bois que leva o arado dea a volta ao final de cada rego). Neste momento, un home que leva un ramallo de loureiro adoviado para a ocasión (con panos, rosquillas, cereixas, etc...) vai sacando a beilar, de unha a unha, a várias mozas, ao son dos legóns. É a ribeirana da aña. Cando rematan, chanta-se o loureiro no torreiro -na própia leira- para que a colleita sexa proveitosa.

Xusto entón bota o carro a andar, e as mozas camiñan detrás do carro entonando o cantar da aña -un cantar específico para este dia do ano, ao igual que a melodia da própia ribeirana-. Ás veces tamén se botaba a xota, ou algun agarrado tocando nos leghóns.

Labrada en Toutón

Fotografía Labradas en Toutón, cort. Guillerme Ignacio

Incluida no CD das Pandereteiras de Toutón


Aña Urbana

Aña Urbana

 

 A A.C. Trépia organiza todos os anos no mes de Abril esta actividade, cos seguintes obxectivos:

  • Divulgación do ítem cultural da aña á cidadanía, ofrecendo un vínculo social moi importante para artellar a relación entre o mundo urbano e rural. 
  • Ofrecer unha mostra de música e danza tradicional baseada nun ítem cultural que carece hoxe en día doutros escaparates axeitados. 
  • Ofrecer unha actividade vencellada intimamente co agro e o traballo colectivo do campo, con múltiples posibilidades de adaptación contemporánea.

Se no 2010 contamos coa presenza de Pandereteiras Almuinheira (da A.C. Almuinha, de Marín) e Pandereteiras do Suído (A Lama), a edición de 2011 superou todas as nosas expectativas ao chegarmos aos sete grupos participantes (Escola da A.C. Lembranzas da Ría -Cangas-, A.C. Retrouso -Bueu-, Grupo de baile da A.C. Os Muíños de Oliveira -Ponteareas-, Os Saramagos -Redondela-, Maghúa pandereteiros -A Coruña-, Pandereteiras As Tarambainas -Vigo- e A.C. Seixebra -Moraña-). Contamos tamén co apoio e axuda do Concello de Pontevedra, grazas ao cal puidemos organizar un serán de feche polo que se achegaron moitos outros grupos da contorna.

Este ano, ademais, inauguramos o que agardamos se convirta nun ciclo de conferencias sobre a aña, co apoio da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo), coa presencia de Luis Prego como poñente e das pandereteiras de Toutón (Mondariz) e A Ermida (Pazos de Borbén) como informantes que son da propia aña.

Neste link podes atopar todo o arquivo web das edicións pasadas.

Edición 2010

By A Web Design Company

Edición 2011

By A Web Design Company


Siareir@s:

TrépiaTV:

200

Noites Abertas 2012

banner-noites-negro 2012

 

ARQUIVO SONORO:

13175167391743536417 audio-cassette

Escoita Projecto [´trepia]


PopUp MP3 Player (New Window)

NOVAS MALMEQUER BLOG

Colaboradores

39751 103215099736918 1552823 n

Faite socio colaborador.
Espazo Publicitario.

Boletin A.C Trépia

Subscribe

Suscribe-te ao Boletín, e avisaremoste das nosas actividades, obradoiros e concertos da nosa asociacion.

Tamen podedes suscribiros en boton facebook boton youtube

Copyright © 2012 Asociación Cultural Trépia. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.