TOP bottom

Estatutos de Trépia Asociación Cultural

Páxina 1

CAPÍTULO I: “DA ASOCIACIÓN EN XERAL”

ARTIGO 1.- Constitue-se en Pontevedra unha asociación sen ánimo de lucro, que se denominará Asociación Cultural Trépia. A asociación rexerá-se polos presentes estatutos, pola Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicábel.

ARTIGO 2.- Son fins principias da asociación:

a) A creación dun movemento de carácter tradicional e artístico para o desenvolvemento da cultura galega en tódalas súas formas.

b) Difusión de tódalas obras realizadas ao amparo da asociación.

c) Creación e apoio dun colectivo artístico denominado Projecto [´trepia].

d) Así mesmo, a asociación está aberta a amparar calquera proxecto de expresión artística experimental e innovadora. 

ARTIGO 3.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a ascociación organizá-las seguintes actividades:

a) Organización dun festival cíclico no que presentar e difundir o traballo da mesma, contando coa participación doutros colectivos.

b) Creación dunha páxina web que se chamará www.trepia.org, onde se exporán os traballos musicais e artísticos de todos aqueles que o desexen.

c) Organización de obradoiros musicais.

d) Creación dunha revista onde poder publicar tódolos temas referentes á asociación e ao mesmo tempo axudar a difundir os traballos artísticos de todas aquelas persoas que o desexen.

e) Organización de charlas, obradoiros, coloquios, cursos e demais actos culturais para a difusión de toda a información que sexa de interese xeral no eido da cultura, a tradición e a arte.

ARTIGO 4.- O domicilio principal e permanente radicará na localidade de Pontevedra, Praza Fermín Bouza Brei, Portal 1, 5º S, C.P: 36004, correo electrónico  This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras localidades, mediante acordo da asemblea xeral, que terá atribución para cambiar tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ao Organismo encargado do Rexistro de Asociacións. Para os efectos de notificación e comunicacións, sinálanse como preferentes  os seguintes enderezos:

Praza Fermín Bouza Brei

Portal 1, 5º S  (Pontevedra)

C.P: 36004

-Teléfono 1: 665 864 445 (Francisco Martínez Pérez, Vicepresidente)

-Teléfono 2: 679 623 463 (Andrea Menéndez Piñeiro, Presidenta)

-Teléfono 3: 635 543 822 (Alexandre Martínez Pérez, Secretario)

ARTIGO 5.- A asociación, en función da ubicación do seu domicilio social e dos seus fins, exercerá fundamentalemente as súas actividades no ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia, preferentemente na provincia de Pontevedra.

ARTIGO 6.-

1.- A duración desta asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados, expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación rexerá-se segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordamento xurídico.

Páxina 2

CAPÍTULO II: “DOS SOCIOS”

ARTIGO 7.- Poderán ser integrantes da asociación tódalas persoas físicas e xurídicas, con plena capacidade de obrar, ou trá-lo aocordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar de acordo con estes estatutos.

b) Ter interese de colaborar cos fins da propia asociación.

c) Respetar a cordialidade que se fomenta no seo da asociación.

d) Ter interese probado en mellorá-la calidade das actividades que se desenvolven.

ARTIGO 8.- Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:

Fundadores: aquelas persoas que suscribiron a Acta Fundacional.

Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á suscrición da Acta Fundacional,

Honorarios: aquelas persoas que, a xuizo da Asemblea Xeral, axudan de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.

Colaboradores: aquelas persoas físicas ou xurídicas que contribuan económicamente á asociación por medio de donativos.

ARTIGO 9.- Os asociados/as teñen os seguines dereitos:

a) Tomar parte nas Asembleas con voz e voto

b) Poder elexir e ser elexido para cargos directivos.

c) Tomar parte en cantas actividades organice a asociación en cumplimento dos seus fins.

d) Ter copia destes estatutos.

e) Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.

f) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.

g) Facer suxerencias aos membros da Xunta Directiva, en orde de mellorá-lo cumprimento dos fins da asociación.

h) Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

ARTIGO 10.- Son obrigas dos asociados/as:

a) Prestar cantos servizos determinen os estatutos, o Regulamento Interno da asociación e os acordos da Asemblea Xeral.

b) Desempeñá-los cargos para os que foron elexidos.

c) Satisface-las cuotas que se establezan.

d) Observar unha boa conducta individual e cívica.

e) Cumpri-los acordos da Asemblea Xeral e o contido dos estatutos.

ARTIGO 11.- Os asociados/as honorarios e colaboradores non interverán na dirección da asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.

ARTIGO 12.- Os acordos de admisión dos asociados/as tomará-os a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición da persoa que desexa ser admitida.

ARTIGO 13.- A condición de asociado perde-se:

a) Por vontade propia.

b) Por falta de pago nas cuotas.

c) Por realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da asociación.

d) Por expediente disciplinario.

ARTIGO 14.- A expulsión de asociados/as será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderá-se recurrir ante a xurisdicción ordinaria.Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ao aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.

ARTIGO 15.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito.A xunta directiva poderá acordá-la separación temporal dun asociado cando se estea tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cuota, ou comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da asociación. O expediente sancionador recollerá-se no Regulamento de Réxime Interno da asociación, pero en todo caso, a resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

Páxina 3

 CAPÍTULO III: “DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN”

ARTIGO 16.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

ARTIGO 17.- O Presidente da asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebren unha e outra.O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan polo menos un ano de antiguidade e o seu mandato durará 4 anos.

ARTIGO 18.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e un mínimo de dous Vocais, cargos que deberán de recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na asociación.

ARTIGO 19.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito de ser reembolsados os gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por sí mesmos ou por persoa interposta.Elexirán-se pola Asemblea Xeral e os cargos e durarán un periodo de 4 anos, aínda que poden ser obxeto de reelección permanente e indefinidamente.Os cargos da Xunta Directiva renovarán-se todos á vez, cunhas eleccións totais, nas que mudará a directiva na súa totalidade.Os cargos cesarán na súa función por paramento, renuncia voluntaria, e por trancurso do prazo para o que foron elexidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cese automático, senón que  se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor, ou ben agardar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un sustituto se se trata de renuncia voluntaria.

ARTIGO 20.- É función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo procederá a convocar e fixá-la data da Asemblea Xeral, fixá-las cuotas ordinarias que se aproben, designá-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderán-lle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asemblea.

ARTIGO 21.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola mayoría de votos dos asistentes, sendo precisa a concurrencia de, polo menos, 6 dos seus membros. No caso de empate, decidirá o voto do Presidente. O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente, levantará acta das sesións, que se transcribirán ao libro de actas.

ARTIGO 22.-Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións precisas. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de Vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta do seu respectivo Presidente. Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Diectiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións.

ARTIGO 23.- A Asemblea Xeral de asociados/as é o órgano de expresión e vontade da asociación, e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

 

ARTIGO 24.- A Asemblea Xeral reunirá-se con carácter ordinario como mínimo cada 6 meses, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos asociados/as. Neste último caso realizará-se por medio dun escrito, dirixido ao Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

ARTIGO 25.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirá-se necesariamente duas veces ao ano, unha dentro da primeira metade do mesmo e outra na segunda metade. Tanto a Asemblea Xeral ordinaria coma a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente da Xunta Directiva. A notificación fará-se nos locais da asociación para a Asemblea Xeral ordinaria e no domicilio dos asociados para as extraordinarias, e en ambos casos via e-mail..

ARTIGO 26.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:

a) Aprobá-la acta da reunión anterior.

b) Aprobá-lo plan de actividades.

c) Examinar e aprobá-la memoria de actividades.

d) Examinar e apobá-las contas e balances do exercicio anterior.

e) Aprobá-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

f) Exame a aprobación de cuotas.

ARTIGO 27.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria: 

a) Modificá-los estatutos da asociación.

b) Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.

c) Aprobá-la federación con outras asociacións.

d) Autorizá-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

e) Acordá-la disolución da asociación.

f) Designá-los/as liquidadores/as.

g) Ratificá-la expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva.

h) Solicitá-la declaración de utilidade pública da asociación.

i) Aprobá-lo Regulamento de Réxime Interno da asociación.

j) As que sendo de competencia da Asemblea Xeral ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardá-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a asociación.

k) Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou á Xunta Directiva.

ARTIGO 28.- Para que as Asembleas poidan tomar acordos, integrarán-se polos/as asociados/as asistentes, sempre que concorran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquer número de asistentes.

ARTIGO 29.- Os acordos adoptados deberán se-lo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados,  excepto os relativos aos apartados 1 ao 7 do artigo 27, que requerirán maioría de 2/3. a continuación levarán-se os acordos ao libro de actas e asinarán o/a Presidente, o/a Vicepresidente, o/a Secretario, da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.

ARTIGO 30.- Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores abrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso os/as non asistentes. As sesións abrirán-se cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada. Posteriormente o Secretario procederá a plantexá-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedendo-se á aprobación nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia da que se trate. Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día, procederá-se, se a presidencia o considera oportuno ou a petición do 10% dos asociados, inscritos no libro de membros, a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluído o que se levantará a sesión por parte do Presidente.

ARTIGO 31.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.

ARTIGO 32.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17, as seguintes atribucións:

a) Presidir e levantá-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e doutra, decidindo con voto de calidade no caso de empate.

b) Propoñé-lo plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

c) Ordená-los pagamentos acordados validamente.

d) Representá-la asociación perante calquera organismo público ou privado.

e) Firmá-las actas certificadas, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento que se trate.

O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituirá-lle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

ARTIGO 33.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Corresponde-lle así mesmo notificá-las convocatorias e custodiá-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente. Á Secretaría corresponde-lle tamén levá-lo inventario dos bens da asociación nun libro establecido ao efecto.

ARTIGO 34.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da asociación, tomará razón, e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participará en tódalas operacións de orde económico. O Tesoureiro ten a obriga de proceder ao peche do exercicio presupuestario antes do 15 de decembro de cada ano, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Xeral ordinaria.

ARTIGO 35.- Os Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:

a) Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

b) Desempeñá-los traballos que se sexan encomendados pola Xunta Directiva.

Páxina 4

CAPITULO IV:”RÉXIME ECONÓMICO”

ARTIGO 36.- A asociación no momento de iniciá-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do peche do ano natural.

ARTIGO 37.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presupostos será elaborado polo Tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na primeira Asemblea Xeral ordinaria do ano.

ARTIGO 38.- A aociación manterá-se dos seguintes recursos: 

a) As cuotas periódicas dos/as asociados/as.

b) As cuotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.

c) As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

d) Os ingresos que se poidan recibir polas actividades da asociación.

e) Calquer outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

ARTIGO 39.- As cuotas ordinarias acordan-se pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrábeis en caso ningun e adicando-se a  atendé-las necesidades da asociación.

ARTIGO 40.- Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaborarán-se as contas, que se formalizarán cunha memoria que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobá-lo ou censurá-lo.

ARTIGO 41.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.

ARTIGO 42.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro, conxuntamente ou por separado, a decisión da Asemblea Xeral.

ARTIGO 43.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningun caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

 

 

  

CAPÍTULO V: “DO REGULAMENTO DO RÉXIME INTERNO”

ARTIGO 44.- O Regulamente de Réxime Interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdiccional civil.

 

 

 

CAPÍTULO VI: ”MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN”

ARTIGO 45.- Os presentes estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos seus socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abrindo-se un prazo de 7 días para que calquera socio/a  poida dirixir á Secretaría as propostas e enmendas que considere oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregues cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.

ARTIGO 46.-Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.

ARTIGO 47.- A aociación disolverá-se polas seguintes causas:

a) Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos.

b) Por outras causas determinadas legalmente.

c) Por sentencia xudicial. 

ARTIGO 48.- O haber resultante unha vez feita ou efectuada a liquidación, doará-se a outra asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins aos desta asociación.O xustificante de doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente, para proceder á inscripción da disolución da asociación.


DISPOSICIÓN ADICIONAL.- En todo canto non estea previsto nos presentes estatutos aplicará-se a vixente lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e as disposicións complementarias.

 

En Pontevedra a 17 de marzo de 2009 



TrépiaTV:

200

Noites Abertas 2012

banner-noites-negro 2012

ARQUIVO SONORO:

 

13175167391743536417 audio-cassette

Escoita Projecto [´trepia]


PopUp MP3 Player (New Window)

NOVAS MALMEQUER BLOG

Colaboradores

39751 103215099736918 1552823 n

Faite socio colaborador.
Espazo Publicitario.

Boletin A.C Trépia

Recibir Boletín

Suscribe-te ao Boletín, e avisaremoste das nosas actividades, obradoiros e concertos da nosa asociacion.

Tamen podedes suscribiros en boton facebook boton youtube

Copyright © 2012 Asociación Cultural Trépia. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.