FAQ - Inscrición na escola

Inscrición por vez primeira:

Cubre completamente o formulário de inscrición con todos os teus datos, marcando a(s) aula(s) na(s) que te queiras matricular. Atoparás a ligazón na ficha de presentación de cada cursos, na sección Escola da web.
Unha vez cuberta a tua inscrición, recibirás a confirmación via correo electrónico.
Finalmente, para confirmar a tua asistencia ao curso deberás cubrir a ficha de inscrición, onde terás que achegar os teus datos persoais e bancários para a domiciliación das cuotas mensuais do curso.
Se queres, podes descargá-la nesta ligazón e traé-la cuberta à primeira clase; inda que se non o fas xa, o/a profesor/a achegará-vos cópias para cubrirdes.

Teño que ser sóci@ para asistir às aulas?

Non é necesário, mais sendo sóci@ terás un desconto adicional no prezo. Para facé-lo, terás que cubrir tamén a ficha de sóci@ da A.C. Trépia e pagar a cuota anual correspondente (neste momento, 20 € anuais). Aqui podes consultar toda a información relativa a este tema.

Como se fai o pagamento dos cursos?

O recibo mensual do pagamento das aulas será domiciliado no número de conta que facilites na ficha de inscrición (ou na ficha de sóci@, de ser o caso).
A ficha de inscrición, con todos os teus datos, deberá ser achegada à asociación cultural Trépia antes do 6 de outubro. Na primeira semana de aulas poderás cubrir a ficha e entregá-la no momento.
Se xa cubriches ficha de inscrición no curso anterior, non é necesário que a achegues de novo

Cal é o prezo dos cursos?

As aulas grupais (pandeireta, pandeiro e baile) teñen un prezo de 25 € mensuais.
As aulas por quendas (diatónico, gaita, percusión, sanfona), 35 € mensuais.
En cada caso, @s sóci@s da A.C. Trépia terán un desconto de 5 € no prezo dos cursos.

Descontos...

Alén das vantaxes para sóci@s, se te matriculas en máis dunha aula terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicarase sempre na aula de menor precio.

Podo acceder directamente às aulas de níveis superiores?

Se non tes claro en cal nível debes facer a inscrición, podes indicá-lo no formulário, no campo "Mensaxe". Se tes calquer dúbida, podes escreber a , indicando no asunto do mail "inscrición".
Se és nov@ na música tradicional recomendamos-che as aulas de iniciación, de nível básico.

Como funcionan as aulas por quendas?

As aulas por quendas son de menor duración (60 min.), mais tamén en grupos máis reducidos (máximo 3 persoas); co cal o alumnado accede a unha formación máis individualizada, e adaptada ao seu nível e velocidade de aprendizaxe. Nesta modalidade imparten-se as aulas de Gaita, Percusión, Acordeón Diatónico, Sanfona e Acompañamento.

E as aulas grupais?

Nas aulas de canto tradicional e baile os agrupamentos son de 12 persoas por aula, para tratar de respectar o carácter grupal das formacións tradicionais. As sesións son máis longas (90 min.), mais o proceso de aprendizaxe realiza-se de xeito coral (grupal).
Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores.

Estiven o curso pasado matriculad@ na escola. Teño que repetir a inscrición?

Non é necesário que cubras de novo a ficha de inscrición cos teus datos, mais si precisamos que fagas a inscrición co formulário da web, para confirmarmos a tua continuidade e reservar as prazas necesárias. Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores. Se este é o teu caso, por favor fai a inscrición na quenda que che foi notificada por e-mail anteriormente.

Bitácora

- Bitácora -

Diario de acontecementos

Actividades - Eventos - Proxectos

Asociación Cultural Trépia

Romaría de San Benito

Romaría de San Benito
Por primeira vez, este ano compoñentes da A.C. Trépia fixeron un chamado para xuntar-nos na romaria de San Benitiño, o 11 de xullo,

Aña Urbana 2017

Aña Urbana 2017
Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta;

Cantares e danzas de reis 2017

Cantares e danzas de reis 2017
Un ano máis estaremos nas ruas e prazas da cidade no tempo de nadal, para levar à rua as danzas e cantares de nadal e reis.

Curso elaboración de pandeiros

Curso elaboración de pandeiros
Xa de volta neste 2017, presentamos-vos o segundo dos cursos monográficos sobre pandeiro cadrado:

Danzas de reis 2016

Danzas de reis 2016
Como todos os anos percorremos as ruas de Pontevedra difundindo a cultura tradicional coas danzas de arcos, paus e castañolas.

Raigame 2016 "TrePja SepJa"

Raigame 2016
Outro ano máis en Vilanova dos Infantes no Raigame 2016.

Vontade! Exposición Trépia

Vontade! Exposición Trépia
Un achegamento á cosmovisión Trépia, con mostras tanto de traxe tradicional como de adaptacións realizadas na Asociación para os grupos escénicos e outras intervencións artísticas.

Aña Urbana 2016

Aña Urbana 2016
Nova edición da aña urbana, este ano con máis actividades:

CONCURSO DESEÑO CAMISOLAS

CONCURSO DESEÑO CAMISOLAS
Para esta edición da Aña Urbana queremos lanzar un novo deseño de camisolas.

Actividades A.C. Trépia

Actividades durante o curso

Ao longo do ano a asociación desenvolve diferentes actividades fóra da escola, que procuran a difusión e recuperación de moitas tradicións vencelladas ao ciclo do ano. Asi pois, comezamos o curso en pleno ciclo do outono (esfolladas do millo, magostos, etc...), continuamos cos cantares e danzas de nadal e reis -no ciclo de nadal-; e entrada a primavera comezamos o ciclo das labradas (cantares de arada, sementeira, etc...) que remata coa celebración da Aña Urbana cara a finais do mes de abril.

e ademais...

A asociación tamén participa e colabora con outros colectivos en diversos eventos: outros magostos, foliadas, seráns, actuacións dos grupos da asociación, etc... Temos participado vários anos na Romaria do Raigame (Vilanova dos Infantes) e en festivais doutros grupos, como Muiños de Oliveira (Ponteareas) e Retrouso (Cela). Podes ver o historial e álbumes de imaxes destes eventos na sección BITÁCORA desta web, e tamén nas redes sociais.

  • Magosto A.C. Trépia

    Ciclo de Outono
    Magosto e foliada co que abrimos as actividades do curso. Atent@s aos perfis de Facebook e à Bitácora da web. A vindeira edición xa está perto!
  • Danzas de Reis

    Ciclo de nadal
    Mostras das danzas brancas do ciclo de nadal: castañolas, arcos, paus e fitas. En colaboración coas actividades de nadal do Concello de Pontevedra.
  • As Xaneiras

    Ciclo de Nadal
    Cos cantares das xaneiras polas ruas e prazas de Pontevedra, despedimos cada ano o ciclo de nadal.
  • Aña Urbana

    Ciclo das Labradas
    O evento central das actividades da A.C. Trépia na cidade de Pontevedra, en colaboración co Concello. Unha xornada en torno ao repertório do ciclo das labradas.
  • 3º Fase

    ENCONTROS COAS CULTURAS TRADICIONAIS PENINSULARES
    Obradoiros de música e baile tradicional doutras comunidades culturais peninsulares. Na primeira edición, Sanabria. Na segunda, Asturies. Xa logo chega a terceira!
  • Monográficos

    Cursos de iniciación e perfeizoamento
    Cursos puntuais e programación de verán da A.C. Trépia.

fin de suscripción

O periodo de inscrición rematou para esta edición

Grazas. Para calquer cuestión estamos ao teu dispor en