ortigueira suan 6
ortigueira suan 7
ortigueira suan 1
ortigueira suan 5

SUÁN

Novo proxecto
2017
Suán define o que será a liña artística da Asociación Cultural Trépia nos vindeiros anos.
Suán é do sul; mais tamén é óso saboroso para cociña de vangarda.
Suán será unha adaptación de repertório tradicional do sul de Galiza, mais tamén a seña de identidade para os eventos e adaptacións contemporáneas durante o vindeiro ciclo da A.C. Trépia.

Funcionamento

Dentro de Suán desenvolveremos duas liñas de traballo: unha baseada nas formacións e vestiário tradicionais, e outra dirixida à innovación partindo de ítems tirados da tradición

Participación

Actualmente estamos a traballar nesta proposta. Apresentaremos o proxecto detallado en breve.

Dirección: Xandre Outeiro
O grupo de baile da A.C. Trépia traballa non só o repertório tradicional, máis tamén as adaptacións e actuacións específicas que a asociación precisa para a sua representación. Parte da base do traballo feito na aula de Baile tradicional - Montaxes, da escola da asociación; na que se ensaian co alumnado adaptacións escénicas do baile tradicional, e participa nas actuacións da A.C. Trépia, mais tamén nas adaptacións do proxecto Suán ou, por exemplo, nas danzas de reis do ciclo de nadal.

Acceso ao grupo de baile

Podes solicitar a entrada no grupo escribindo a este correo eletrónico: GBMT Trépia

Contratación

Podes solicitar unha actuación do grupo de baile de Trépia a través do programa PonteGal, da Deputación de Pontevedra; ou directamente escribindo a este correo eletrónico: GBMT Trépia

Projecto [`trepja]

Grupo escenico
2008 - 2010
Un grupo escénico no que se axunta a música e danza tradicional coa videocreación e a música electrónica. Comezou a sua andaina no 2008 co espectáculo "1punto3", que resultou premiado no certame GzCrea co segundo prémio de música e o primeiro de video-creación.
A partires de aí, e até o 2010, no que se para a actividade, o colectivo participou en múltiples eventos e festivais. Neste artigo atoparás extractos dos perfis do Projecto Trépia en YouTube , LastFM e SoundCloud

Escoitar música Ver videos

infinitum Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a  própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.  A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. 
Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

Compoñentes do proxecto

Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile) Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile) Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile) Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile) Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile) Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile) Diego Pintos (Videocreación) Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode) Cayetano Amenabar (Zanfonista)

Recoñecementos e premios

2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010
2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010.
1º posto categoría música certame GZCrea 2008.
2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008
Mención especial Certame Nsaio Xeral 2008.

  • 1
  • 2