Libro-CD de Xandre Outeiro

Manüele ...de pandeireta e canto tradicional

Transcricións de melodias e letras tradicionais da zona "serán", nas comarcas de Mondariz - Condado - Paradanta, ademais de fichas didácticas e unha proposta de transcrición do repertório rítmico e melódico.

Recopilatório de melodias, letras e estilos tradicionais da zona "serán", nas comarcas de Mondariz, Condado e Paradanta.

Inclúe fichas didácticas, unha proposta de transcrición do partiturado rítmico, principalmente adaptado para a pandeireta, e unha gravación en CD con propostas de adaptación. O proxecto continúa en funcionamento, pensando na ampliación ao soporte dixital e en solucións de impresión baixo demanda. Podes solicitar máis información entrando na sua canle oficial de facebook. Actuamente estamos a preparar unha nova tiraxe: queres facer a tua reserva? Enche o formulario cos teus datos e incluiremos-te na listaxe para ser uns dos primeiros en ter un exemplar. 

Necesitamoste!

RECOMPENSA

  • -5€Desconto por reserva anticipada
  • 1Libro "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional"
  • 1Audio CD Manüele ...de pandeireta e canto tradicional
  • 1Camisola da A.C. Trépia

Deseño simple e compacto

Este formato é o perfecto acompañante, poderás leva-lo na funda da pandeireta xunto co resto das coplas, notas e accesórios.

Novos cadernos

O proxecto para a publicación de novos cadernos está xa en marcha, así como a publicación da versión dixital. Máis información de aqui a pouco...

Queres un exemplar?

Para obter un exemplar do Manüele ...de pandeireta e canto tradicional (Vol. 1) podes facer a tua reserva facendo click! no boton de reservar.Axudaras a que mais persoas podan seguir creando máis proxectos.
Ou pide máis información a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.