Aña Urbana 2014

Abrimos a convocatória para a Aña Urbana 2014, que será desta volta o sábado 26 de abril.

Unhas xornadas para a difusión e estudo da aña, asi como para compartirmos entre todos as experiéncias sobre o tema. 

Como novidades, adiantamos-vos que incorporaremos ao programa obradoiros en aberto durante o mes de abril, para todos aqueles que se queiran achegar na práctica aos xeitos de tocar no leghón, os cantares e os bailes das añas da contorna de Mondariz-Paradanta.

Ademais, apresentaremos os "Cadernos da aña", con información e análise de recolleitas. Un compéndio de todo o aprendido nestas catro edicións grazas ás veciñas de Toutón, Gargamala e Bárcia de Mera; ademais das achegas dos investigadores que participaron nas conferéncias da aña nas edicións anteriores.

(Máis información na sección de Actividades do menu superior, no arquivo da Aña Urbana)

Sachos ao lombo!