Skip to main content

VII Aña urbana - 2018

Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta, e as adaptacións e recreacións propostas polos grupos participantes.
VII edición - 2018
O 19 maio na Praza do Concello, en Pontevedra, con roteiros polas ruas e prazas da cidade, exposicións, obradoiros de toques de leghón e baile do ramo, actuacións musicais e serán, artesáns e moito máis!

PRESENTACIÓN "Mulleres de Gargamala!"

Os compañeiros de Arredor da tradición apresentarán-nos o seu último traballo de compilación, investigación e divulgación arredor das nosas músicas de tradición oral.
En 2017 viu a luz o seu primeiro libro-cd conxunto: "Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral" (A Central Folque, colección A Chave mestra), que nesta edición da Aña Urbana nos apresentarán Guillerme Ignacio e Xulia Feixoo. Será às 17:30h. na carpa da Aña Urbana.

Asociacións convidadas

Durante todo o dia as asociacións e grupos convidados sairán ás rúas de Pontevedra para amosar os seus traballos de recuperación dos cantares, bailes e outros ritos relacionados co ciclo das labradas e a propia aña, así como algunha que outra proposta de reinvención e actualización. O roteiro comezará às 12:00h. seguindo o seguinte itinerário: Peregrina (12:05h.), Ferraría (12:20h.), Curros Enríquez (12:40h.), Abastos (13:00h.), Leña (13:20h.), Concello (13:40h.).

ARTESÁNS e mostra de ofícios tradicionais

Durante todo o dia 19 na carpa da Aña Urbana. Unha oportunidade para observar de perto o traballo artesanal e aprender un chisco máis do noso património inmaterial.

OBRADOIROS abertos

Às 18:30h., obradoiros abertos de iniciación ao baile tradicional e aos toques do leghón na carpa da Aña Urbana.

ACTUACIÓNS musicais e de baile tradicional

Na própia carpa e pola mañá nas ruas e prazas do casco histórico de Pontevedra. Ademais, a partires das 19:30h., actuacións dos grupos convidados e dos grupos da A.C. Trépia. Como feche da edición, convoca-se unha vez máis o SERÁN da Aña Urbana, onde tod@s estades convidad@s a participar.
  • 12:OO h. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición
  • 12:00 h. ► Roteiros cos grupos participantes. (Peregrina - Ferraría - Curros Enríquez - Abastos - Leña - Concello)
  • 14:30 h. ► Pausa xantar
  • 17:3O h. ► COLOQUIOS / CONFERENCIA: Arredor da tradición "Mulleres de Gargamala!"
  • 18:30 h ► Obradoiro toques de leghón
  • 19:0O h. ► Obradoiro baile tradicional
  • 19:30 h. ► Actuacións grupos convidados
  • 21:00 h. ► SERÁN (Inscricións para tocar, no momento)

TES UN GRUPO E QUERES PARTICIPAR?
Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes enviar un email solicitando a tua participación. O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo). Desde Trépia deixamos à vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou actual, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras... Todo ten cabida na Aña Urbana!

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Consulta os vídeos das anteriores edicións:
Vídeos

aña urbana, Pontevedra, evento, concerto

  • Hits: 2120