Skip to main content

aña urbana 2024

quedan

Programa 2024:


  • 11:30h. Apertura

    Apertura da carpa na praza do Concello (oficialmente, praza España), co escenario principal, postos de xantares, artesáns e outras actividades.
  • 12:00h. Roteiro

    Roteiro dos grupos participantes polas rúas e prazas do centro histórico.

    Fonte imaxe: lavozdegalicia.es

    roteiros anteriores

  • 13:30h. Xantar

    Pausa para tomar alento... e uns petiscos! Postos de comida na carpa (con opción vegana).

    Fonte imaxe: Pontevedraviva.com

  • 14:00h. a 17:00h. Micro aberto

  • 17:00h. Obradoiros

    Fonte imaxe: lavozdegalicia.es Edición 2023.

    LUIS PREGO

    Obradoiro de toques de leghón e baile do ramo.
  • 19:00h. Actuacións grupos escola Trépia

    Intervencións do alumnado da escola Trépia.

    Fonte imaxe: Pontevedraviva.com

  • 21:00h. Concerto

    COMANDO CURUXÁS
  • 22:30h. Concerto

    MORENOS PELUDOS
  • 23:30h. SERÁN

    Inscricións in situ, por orde de solicitude.
  • 01:00h. Feche

    .

COMANDO CURUXÁS

Banda formada por Alberto Núñez, Pablo Pardo «Pacior», Miguel Anxo López, Pablo Pascual e Serxio Núñez.

Ler maís

Ler maís

MORENOS PELUDOS

Dúo de pandeireteiros formado por Jacobo Leiro e Ricardo Ferradás «Ferri», con repertorio tradicional e de autor.

Ler maís

Outras edicións

Ligazón á páxina de anteriores edicións da Aña Urbana da A.C. Trépia, dende a primeira edición.

Ler maís

Recomendacións:

En previsión dese día, a cidade está chea de actividades culturais e a festa está xusto no centro. Tomade precaución a hora para aparcar, vir con tempo.
Indicamos zonas preferentes gratuitas aínda que dispos aparcadoiros de pago en toda a cidade.
Se a túa decisión é quedar esa noite en Pontevedra, podes explorar a variada oferta, e recomendamos que fagas a reserva canto antes.

Continue reading

  • Hits: 1132

Pagamento de cuotas por PayPal

Pagamento por PayPal

  • Para facilitar ao máximo os aportes das cuotas anuais, poñemos en marcha por vez primeira a opción de pagamento a través de PayPal. Cun so clic (ou dous:)
  • Se escolledes esta opción, por favor indicade-o no formulário igualmente.
  • Para calquera cuestión ou problema que teñades, podedes escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Pagamento cuota regular:

Continue reading

  • Hits: 117

Propostas Monográficos

Presenta o teu proxecto

En primeiro lugar, pensamos que debes coñecer os espazos dos que dispoñemos, as suas características e os contidos que máis valoramos à hora de decidir levar adiante o teu proxecto. Aínda asi, non te cortes en facer-nos chegar ideas novidosas ou que non encaixen exactamente: estamos abert@s a calquera posibilidade...

O que valoramos

Temporalización

Preferimos que as propostas veñan pechadas nun periodo de tempo concreto, pois iso facilita a organización e o uso compartido dos espazos (coa escola da Asociación e con outros proxectos que se poidan desenvolver). Se aínda non tes claras as datas concretas, serve con que nos achegues unha proposta inicial que logo poderemos revisar e adaptar en cada caso.

Contidos

Valoramos especialmente aqueles proxectos relacionados coa música tradicional, pero máis aínda se o enfoque se fai dende unha óptica innovadora, na liña xeral da A.C. Trépia: construir novos "espazos" musicais, escénicos ou artísticos en xeral para a cultura tradicional galega.

Espazos

Dispoñemos de duas amplas aulas con capacidade para 11 e 9 persoas respectivamente (atendendo aos protocolos ánti-covid), con ventilación e extracción axeitada, pizarras e equipo de son e proxector; e tamén dun amplo salón de baile - sala multiusos con piso de madeira e espellos, perfecto para actividades de danza ou mesmo proxectos escénicos, dada a grande amplitude. Ademais, na Cultural de Trépia existe unha cociña e outras estáncias que poden ser empregadas para obradoiros de calquera tipo.

"A Cultural" de Trépia está na periferia da cidade, na zona de Mollabao, inda que a pouca distáncia ao centro de Pontevedra fai que sexa facilmente accesíbel a pe, en bicicleta ou mesmo en automóvil (dispoñemos de amplas zonas cercanas de aparcadoiro).

Ubicada na antiga cultural de Salcedo, trata-se dun edifíco con história na cidade, onde durante moitos anos se celebraron bailes e eventos de todo tipo. Recentemente, na A.C. Trépia comezamos a xestionar o espazo, co cal estamos aínda en proceso de acondicionamento e adaptación às necesidades actuais.

Se tes dúbidas, convidamos-te a vir a coñecer de primeira man o local, aínda que no teu proxecto podes incluir -en princípio- so unha referéncia do espazo que precises e as necesidades técnicas básicas.

Fai a tua proposta!

A Cultural da A.C. Trépia

Rúa Rosalía de Castro, 100 36163 Pontevedra Edificio multiusos

42.4231,-8.65491

Continue reading

  • Hits: 4835