ASOCIAR-SE À A.C. TRÉPIA

como e por que?

A A.C. Trépia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, completamente autoxestionada e autofinanciada dende os seus comezos, aló polo 2008.

Coa recente pandémia do Covid-19 optamos por alugar un espazo própio na cidade de Pontevedra que nos permitise continuar coas nosas actividades (principalmente coa escola de música e baile tradicional) sen dependermos da cesión de espazos públicos.

Por este motivo, este ano emprendemos esta campaña de afiliación coa que pretendemos que todas as persoas que queirades colaborar co noso proxecto cultural o poidades facer dun xeito sinxelo.

Pagando a cuota de sóci@ anual (30 €), ademais de pasares a ser sóci@ de pleno dereito na Asemblea da A.C. Trépia, estarás a nos dar un prezado apoio económico que empregaremos en desenvolver máis actividades e mellorar as condicións do local, ao que por suposto poderás acceder sempre que queiras nos horários de apertura, e participar en todas as actividades que nel se organicen.

Tan só tes que cubrir o formulário de inscrición, e pasarás a ser sóci@ numerári@ ou colaborador/a de Trépia, segundo a opción que escollas, unha vez realices o pagamento da cuota.

A Asociación domiciliará as cuotas de sóci@ correspondentes na conta bancária que facilites na tua ficha.
Ten conta de que os datos estean ben expresados no formulário -especialmente os de contacto-.

Se tes calquera incidéncia no proceso, podes escribir-nos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e estaremos encantades de te atender!

  • Numerário

    Cuota Anual 30€
    • Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e nas actividades que se organicen.
    • Alén das vantaxes para sóci@s, terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicará-se sempre na aula de menor prezo.
    • No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
  • Colaborador/a

    Cuota anual de 50 €, ou de 30 € trimestrais, segundo o que queiras aportar.)
    • Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e nas actividades que se organicen.
    • Alén das vantaxes para sóci@s, terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicará-se sempre na aula de menor prezo.
    • No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
  • Empresa colaboradora

    Cuota anual de 200 €
    • Espazo permanente de publicidade na web. Tamén adicaremos espazos na programación de eventos e na promoción que fagamos destes (cartazes, redes sociais, etc.).
    • Información concreta de todos os eventos e actividades, incluíndo a posíbel participación directa da empresa dentro das actividades da asociación (espazos expositivos, publicidade no local, etc.).
    • Nomeamento nos créditos de produción dos proxectos audiovisuais e editoriais da A.C. Trépia.
    • Suscrición anual ao boletin de novas.
    • Todas as vantaxes d@s sóci@s regulares