Skip to main content

    Andar cos tempos

    Importantísima tarde a do sábado pasado, co obradoiro de Andar cos tempos que co-organizamos con O Quilombo. Mil grazas a Chus Caramés e Carminha Do Porrinho (Carme Campo) por nos abrir os ollos e facer unha labor inda tan necesária. Especialmente nun dia coma o de hoxe, animamos-vos a erradicar da nosa música e baile tradicionais todos eses estereotipos de xénero e comportamentos sexistas.

    Porque a tradición é nosa.

    Somos nós que a facemos.
    E temos direito a construi-la entre todas como consideremos.

    Nas nosas mans está! Re-evolución!