Skip to main content

Romaría de San Benito

Por primeira vez, este ano compoñentes da A.C. Trépia fixeron un chamado para xuntar-nos na romaria de San Benitiño, o 11 de xullo, e tentar recuperar algo do espírito que até non hai moitos anos esta festa viña tendo... Resultou nunha grande acollida da iniciativa, que nos deu pé a encher de música e baile tradicional un entorno privilexiado como son os chamados "Salóns do Lérez". De certo que esta proba-piloto há dar pé a unha nova actividade para a Asociación, que xa vai marcando no seu calendário o 11 de xullo para futuros encontros á sombra dos carballos.

Se vas ao San Beniti...

Lembra que podes ver as fotos do dia no grupo facebook da asociación.

Pontevedra, evento, concerto

  • Hits: 1413