Percusión con Rui Pinho Aries

Monográficos

RUI PINHO AIRES

Efficiently promote sticky customer service via installed base resources. Appropriately underwhelm best-of-breed alignments without emerging deliverables.

Continue reading

  • Hits: 141

Aña urbana 2020

AÑA URBANA 2020

11 anos arando asfalto...

Faltan só:
días horas min. segs.
Se queres consultar a programación da Aña Urbana para este ano, estás no lugar correcto!

Sachos ao lombo!

A Aña Urbana fai este ano 10 anos xa, e queremos celebrá-lo cun programa especial inzado de novidades e sorpresas...

Iremos desvelando todo ao seu debido tempo, conforme se vaia confirmando a programación. Nesta páxina podedes consultar todos os avances do programa.

Programa:

pronto teremos actualizacións

Tamén che pode interesar

Inscrición grupos participantes

Xa está aberta a inscrición para participardes nos roteiros da Aña Urbana 2020! 

Folla de inscrición

Continue reading

  • Hits: 391

Presentación SÜAN

Presentación de Süan

A Asociación Cultural Trépia presentará este xoves 28 ás 20.30 horas na Casa da Luz o seu último traballo discográfico, que leva por título 'Suán'. Trátase dunha obra na que se combinan pezas do repertorio tradicional do sur de Galicia, despois da súa procura en arquivos e cancioneiros históricos, con composicións propias que simbolizan estilos clásicos destas zonas.

Trépia busca con esta fórmula de traballo unha música senlleira e adaptar as pezas tradicionais ao estilo contemporáneo en busca de novas iniciativas sonoras en Galicia. Desta forma, nos diferentes temas poden escoitarse violíns, acordóns diatónicos, gaitas e harmas mesturadas con programación de base electrónica e percusión enérxica.

Profesorado e alumnado da escola Trépia participa neste traballo en colaboración con compoñentes de outras agrupacións baixo a produción artística de Xandre Outeiro. O CD está á venda na páxina web da Asociación Cultural Trépia.

A Asociación Cultura Trépia realiza actividades como a Aña Urbana, con cantares e danzas relacionados co traballo do campo, ou os cantares e danzas de Nadal e Reis, ademais de cursos monográficos, charlas e conferencias en relación coa cultura tradicional de Galicia.

Fonte: PontevedraViva.com

Foto: Pedro Meilán


presentacións, proxectos

Continue reading

  • Hits: 195