Obradoiro de utilería tradicional para as danzas 2019

O vindeiro sábado 14 de decembro, convidamos-vos a participar neste obradoiro no que poderedes elaborar vós mesm@s os adovios que precisaredes para as danzas de reis.

Resumo fotográfico

48380792 10213933860446138 2127760097319845888 o
48360024 10213933860206132 8761964301540917248 n-1
48360024 10213933860206132 8761964301540917248 n
3
48281242 10213933859886124 78667866534051840 n

Infomación

Será no Antigo Conservatório de Pontevedra, de 10:30 a 13:00, e nel poderedes aprender a elaborar as coroas e diademas do vestiário da danza, alén de preparar todos os materiais precisos, ou mesmo elaborar os vosos própios complementos (abonando só o importe do material que empreguedes).

Este obradoiro de balde vai dirixido especialmente a tod@s @s sóci@s de Trépia, sobre todo a aqueles que vaian participar na actividade de Cantares e Danzas de Reis, que terá lugar o 21 de decembro polas ruas e prazas de Pontevedra. Se non és sóci@, pero tes interese en participar, podes solicitá-lo escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Animai-vos a participar: precisamos mans para axudar a repoñer o vestiário da asociación e de paso -por que non?- aprendermos todos xuntos as técnicas de elaboración destes complementos.

inscricións

  • Hits: 346