Skip to main content

Aña Urbana 2017

Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta;

VII Aña Urbana

Nova edición da aña urbana, este ano con máis actividades:

AÑA URBANA

O 22 de abril na Praza do Concello con roteiros polas prazas da cidade, exposicións, obradoiros de toques de leghón e baile do ramo, actuacións musicais e serán, artesáns e moito máis!

EXPOSICIÓN

Exposición da A.C. Trépia do na carpa situada na praza do concello.
Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta; con mostras do material recollido por diferentes investigadores ao longo dos anos. Un xeito ameno de achegar-se ao coñecimento dunha tradición centenária nun evento que é punto de encontro de investigadores, agrupacións e colectivos do eido da cultura tradicional.

ARTESÁNS e mostra de oficios tradicionais

Durante todo o día 22 na carpa da Aña Urbana .

Unha oportunidade para observar de perto o traballo artesanal e aprender un chisco máis do noso património inmaterial.


ACTUACIÓNS musicais e de baile tradicional

Na própia carpa e polas rúas e prazas do casco histórico de Pontevedra.

  • 12:OO h. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición
  • 12:00 h. ► Roteiros cos grupos participantes. (Concello - Peregrina - 8 de Marzo - Curros Enríquez - Abastos)
  • 14:30 h. ► Pausa xantar
  • 17:3O h. ► Visita guiada à exposición.
  • 18:00 h ► Obradoiro toques de leghón (Xandre Outeiro)
  • 18:3O h. ► Obradoiro baile tradicional (Miguel Sotelo)
  • 19:00 h. ► Obradoiro baile e percusión: O baile do ramo
  • 19:30 h. ► Actuacións grupos convidados
  • 21:00 h. ► SERÁN (Inscricións para tocar, no momento)

Cartaz Aña Urbana
2016

Guía participantes PDF
TÉS UN GRUPO E QUERES PARTICIPAR?
Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo. O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras... Todo ten cabida na Aña Urbana!

Folla de inscrición

Consulta os vídeos das anteriores edicións
Videos

RESUMO FOTOGRÁFICO 2016 PontevedraViva.com


aña urbana, Pontevedra, evento, concerto

  • Hits: 3858