Skip to main content

Pandereteiras do Suído

Pandereteiras do Suído

CD RECOPILATÓRIO DE REPERTÓRIO DE AVIÓN - SUÍDO

Mercar CD

Concello da Lama no 2012

Pandereteiras do Suído

Co obxectivo de investigar e recuperar o repertório de pandeireta e canto tradicional de toda a contorna do Suído e Avión. Xorde asi todo un proxecto dinamizador no que confluíron aulas de aprendizaxe, recolleitas de campo e participación en seráns e outros eventos tradicionais. Neste grupo deuse naturalmente unha integración interxeracional, a través das aulas e ensaios, e un fermoso traballo de recuperación. No ano 2012 a A.C. Trépia propuxo a realización dun traballo en CD, recopilando o repertório do grupo, nunha gravación na que participaron tanto informantes directas da tradición, como xente máis nova que tomaran contacto coa música tradicional a través do própio grupo.

Dirección de producción

Xandre Outeiro

Mercar CD

Fai click no cassete Listen

ESCOITA!

As pandereteiras do suído

Lembra que nos nosos perfis de SoundCloud poderás atopar desde recolleitas do arquivo a gravacións que fomos facendo coas nosas versións de temas tradicionais, explorando diferentes posibilidades. Horas de Trépia para escoitares.

Audio

Continue reading

  • Hits: 2665

Vontade

Vontade

Numero de pezas: 35

Un achegamento á cosmovisión Trépia, con mostras tanto de traxe tradicional como de adaptacións realizadas na Asociación para os grupos escénicos e outras intervencións artísticas.

Visit Website

Open in map

Idea e montaxe:

XANDRE OUTEIROANDREA MENÉNDEZ

20-30 minutos de visionado

Oito anos de Trépia en Pontevedra, condensados nunha exposición multimédia que, ademais, repasa a evolución do traxe tradicional desde unha nova perspectiva.

Características

Traxes tradicionais

pezas de uso doméstico antigas

1 monitor - 1 proxector

conxunto de telas e lazos

Galeria de fotos

Escénica, Exposición

Continue reading

  • Hits: 1448

SUáN

SUÁN

Baile tradicional - Escénica - Música

VENTO DO SUL QUE ZOA
DE ONTE PRA MAÑÁ...

14€ + gastos de envio
sóci@s 10€ + gastos de envio*

Mercar disco

Escoitar!

Suán é unha adaptación de repertório tradicional do sul de Galiza, tirado directamente de diversas fontes (arquivos de recolleita e cancioneiros históricos), mais incorporando tamén repertório de composición própia que emula estilos tradicionais das distintas zonas tratadas.

Inda partindo desa base, o tratamento do repertório quere ser, intencionalmente, atípico: experimentaron-se diferentes ideas para cada tema, dando como resultado unha música moi senlleira, que ven a constituir a seña de identidade da A.C. Trépia, que vén traballando en fortalecer novas liñas de traballo contemporáneas para a cultura da Galiza.

As programacións de electrónica mesturan-se con sons que proveñen da raíz mais profunda da nosa cultura, que nos eleva ao ceo cos sons de instrumentos coma violín, acordeón diatónico, zanfona, gaita e mesmo harpa; até nos soterrar na profunda terra con potentes percusións tradicionais.

A produción artística vén da man de Xandre Outeiro en colaboración directa co amplo colectivo da asociación: neste traballo participan tanto profesorado como alumnado da escola Trépia, xunto con compoñentes dos diferentes grupos formados en torno à mesma.

O proxecto complementa-se e retroalimenta-se coa incorporación do baile tradicional, ao que se aplican conceptos semellantes para resultar nunha proposta escénica única.

Grazas!!!

Porque mercando este CD estás a colaborar coa A.C. Trépia para que este e outros proxectos propostos pol@s sóci@s se poidan levar adiante. Por iso é que
ti tamén formas parte deste proxecto!

Audio, Escénica, Baile

Continue reading

  • Hits: 7454

Grupo de baile da A.C. Trépia

Estudo. Transmisión. Reinterpretación.

Grupo de baile da A.C. Trépia

Dirección: Xandre Outeiro

Consultar dispoñibilidade

Podes solicitar unha actuación do grupo de baile da A.C. Trépia a través do programa PonteGal, da Deputación de Pontevedra; ou contactando directamente connosco.

O grupo de baile da A.C. Trépia traballa non só o repertório tradicional, máis tamén as adaptacións e actuacións específicas que a asociación precisa para a sua representación. Parte da base do traballo feito na aula de Baile tradicional - Montaxes, da escola da asociación; na que se ensaian co alumnado adaptacións escénicas do baile tradicional, e participa nas actuacións da A.C. Trépia, mais tamén nas adaptacións do proxecto Suán ou, por exemplo, nas danzas de reis do ciclo de nadal.

Danza de arcos Pardalongas

Escénica, Baile

Continue reading

  • Hits: 5951

Projecto [`trepja]

Danza. Música. Videocreación.

Projecto [`trepja], VONTADE

Comezou a sua andaina no 2008 co espectáculo "1punto3", que resultou premiado no certame GzCrea co segundo prémio de música e o primeiro de video-creación.

INFINITUM

Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo. A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

Compoñentes

Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile)

Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile)

Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile)

Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile)

Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile)

Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile)

Diego Pintos (Videocreación) Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode)

Cayetano Amenabar (Zanfonista)

Premios

2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010 2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010. 1º posto categoría música certame GZCrea 2008. 2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008 Mención especial Certame Nsaio Xeral 2008.

Queres saber máis?

Podes mergullarte nas redes sociais

Audio, Escénica, Baile, Video

Continue reading

  • Hits: 9086