Skip to main content

Magosto Trépia 2017

Outro ano mais cheos de enerxia e alegría con moita ilusión dimos feito un magosto dos de lembrar...

Nadal dos brinquedos

Nadal dos Brinquedos

Agora que se achega o tempo de pedir os aghinaldos, deixamos-vos este temiña que @s peques da escola tiñan preparado para a Festa da Xiada, adaptando unha melodia do cancioneiro de Dorothé Schubarth que foi recollida en Pereda de Candin. Adaptamos a letra e puxemos as mellores galas de rancho de reis. De novo, traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!.
Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!

Mil grazas! Virán máis, estade atentas!

FELIZ ANO NOVO

Romaría de San Benito

Por primeira vez, este ano compoñentes da A.C. Trépia fixeron un chamado para xuntar-nos na romaria de San Benitiño, o 11 de xullo,

VII Aña urbana - 2018

Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta, e as adaptacións e recreacións propostas polos grupos participantes.

Xaneiras 2017

Encontro da A.C. Trépia para cantar as xaneiras polos locais habituais do centro histórico de Pontevedra