Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

2º convocatoria

33
sesións
60
Min
7
Prazas

Acordeón Cromático de Teclas

  • Método

    Queres aprender a tocar o acordeón ou mellorar as túas habilidades con este instrumento?

    Neste curso facilitarase a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomía interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado. Búscase desta maneira que o énfase na técnica permaneza ligado (ou supeditado) á natureza creativa e comunicativa da arte musical.

    O repertorio estará centrado na música Galega ainda que aberto a outras tradicións estilíticas. Teranse en conta gustos musicais e o nivel de coñecemento do instrumento de cada alumn@ á hora de escoller e adaptar o repertorio.
    • Desenvolver a escoita activa da paisaxe sonora perceptible polo o alumnado, sexa a través da escoita de interpretacións musicais, de gravacións sonoras ou do seu propio son mediante a interpretación de pezas, estudos ou exercicios técnicos co obxectivo de mellorar a comprensión do valor estético do son.
    • Interpretar, en correspondencia co nivel do alumnado, pezas e arranxos baseados no repertorio popular galego ou noutros estilos que susciten o interese do alumnado ca intención de dar a coñecer as posibilidades interpretativas do instrumento e identificar trazos característicos de cada estilo musical.
    • Coñecer o rol do acordeón nos diversos contextos musicais, como instrumento solista ou acompañante, facendo fincapé na importancia da melodía, a harmonía e o ritmo.
    • Desenvolver progresivamente a capacidade de memoria e a capacidade de lectura da notación musical.
    • Aula de Acordeón cromático de teclas por quendas (1 quenda semanal de 60 min.)
    • Cada quenda terá un máximo de 3 alumnos e un mínimo de 2, organizados por niveis
    • As quendas serán acordadas co alumnado pol@ profesor/a durante as primeiras semanas do curso
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar nas seguintes actividades complementares:
    - Actuacións magosto
    - Cantares e danzas de Reis
    - Roteiros e actuación da Aña Urbana
    - Actuacións fin de curso

    • OUTUBRO
      • 3
      • 10
      • 17
      • 24
      • 31
    • NOVEMBRO
      • 7
      • 14
      • 21
      • 28
    • DECEMBRO
      • 5
      • 12
      • 19
    • XANEIRO
      • 2
      • 9
      • 16
      • 23
      • 30
    • FEBREIRO
      • 6
      • 13
      • 10
      • 27
    • MARZO
      • 5
      • 12
      • 19
      • 26
    • ABRIL
      • 2
      • 9
      • 16
      • 23
      • 30
    • MAIO
      • 7
      • 14
      • 21
      • 28
  • Instruccións e funcionamento

    Alumnado doutros anos:

    Se continuas a tua formación promocionando do curso anterior, será suficiente con que cubras o formulário de inscrición que atoparás nesta mesma páxina.
    IMPORTANTE: Se por calquer motivo tes que cancelar a tua inscrición, poderás facé-lo ATÉ O 15 DE SETEMBRO DE 2019, no FORMULÁRIO DE SOLICITUDE DE BAIXA. Despois desa data, terás que abonar igualmente o importe do primeiro mes e proceder a continuación a dar-te de baixa, que se fará efectiva no mes seguinte ao da recepción da solicitude. Este método de baixa está habilitado durante todo o curso.

     Alumnado de nova inscrición:

    Ademais de cubrir tamén o formulário de inscrición, tes que completar os seguintes pasos:
    1. Ingresar a primeira mensualidade en concepto de reserva de matrícula no número de conta que recibirás unha vez completes a inscrición.

    2. Enviar o xustificante de pagamento ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    3. Unha vez confirmemos o teu pagamento, a asociación porá-se en contacto contigo para finalizar o preceso de matrícula.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 2º convocatoria
Folla de matrícula
Acordeón Cromático de Teclas

Nome
Apelidos
Enderezo electrónico
Número de teléfono
És sóci@ da A.C. Trépia?
Formación ou cuestión
* @s sóci@s da A.C. Trépia teñen un desconto de 5 € mensuais no prezo das aulas. A cuota de sóci@ é de só 20 € anuais.
Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.