Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

2º convocatoria

27 *
sesións
60
Min
7
Prazas

Percusión

  • Método

    Programación Curso 2019-2020

    Neste curso traballaremos cos dous principais instrumentos de percusión que acompañan á gaita na música tradicional galega: o tambor e o bombo.
    Estudaremos a historia, características organolóxicas, mecánica e mantemento destes instrumentos. Amosaremos o sistema de notación deseñado para a percusión tradicional galega. Estudaremos os principais recursos técnicos e a súa aplicación nos distintos ritmos da música tradicional galega. Traballaremos diferentes arranxos para percusión de varias obras para gaita.

    Obxectivos

    • Coñecer os instrumentos e as súas técnicas (básica e avanzada).
    • Estudar os diferentes ritmos da música tradicional galega.
    • Desenvolver o papel de instrumento acompañante único ou en grupo.
    • Fomentar a valoración e o respecto pola música tradicional galega.

    Contidos:

    O tambor e o bombo:

    • Historia.
    • Características organolóxicas.
    • Mecánica.
    • Mantemento.

    Sistema de notación:

    • Tambor.
    • Bombo.

    Técnica:

    • Agarre.
    • Golpeo.
    • Acentos.
    • Redobre.
    • Mordentes.
    • Efectos.
    • Dinámica.

    Padróns rítmicos:

    • Muiñeira e variantes.
    • Xota e variantes.
    • Pasodobre.
    • Outros ritmos en compás de 2/4.

    Arranxos para percusión (tambor e bombo) de diferentes obras para gaita.

    Metodoloxía:

    • As aulas terán unha duración de 1 hora cunha periodicidade semanal.
    • O ratio profesor-alumnx será de 2:1 ou 3:1.
    • A aprendizaxe basearase na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiándose en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá verse reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.

  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar nas seguintes actividades complementares:
    - Actuacións magosto
    - Cantares e danzas de Reis
    - Roteiros e actuación da Aña Urbana
    - Actuacións fin de curso

    • OUTUBRO
      • 8
      • 15
      • 22
      • 29
    • NOVEMBRO
      • 5
      • 12
      • 19
      • 26
    • DECEMBRO
      • 3
      • 10
      • 17
    • XANEIRO
      • 7
      • 14
      • 21
      • 28
    • FEBREIRO
      • 4
      • 11
      • 18
      • 25
    • MARZO
      • 3
      • 10
      • 17
      • 24
    • ABRIL
      • 7
      • 14
      • 21
      • 28
    • MAIO
      • 5
      • 12
      • 19
      • 26
  • Instruccións e funcionamento

    Alumnado doutros anos:

    Se continuas a tua formación promocionando do curso anterior, será suficiente con que cubras o formulário de inscrición que atoparás nesta mesma páxina.
    IMPORTANTE: Se por calquer motivo tes que cancelar a tua inscrición, poderás facé-lo ATÉ O 15 DE SETEMBRO DE 2019, no FORMULÁRIO DE SOLICITUDE DE BAIXA. Despois desa data, terás que abonar igualmente o importe do primeiro mes e proceder a continuación a dar-te de baixa, que se fará efectiva no mes seguinte ao da recepción da solicitude. Este método de baixa está habilitado durante todo o curso.

     Alumnado de nova inscrición:

    Ademais de cubrir tamén o formulário de inscrición, tes que completar os seguintes pasos:
    1. Ingresar a primeira mensualidade en concepto de reserva de matrícula no número de conta que recibirás unha vez completes a inscrición.

    2. Enviar o xustificante de pagamento ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    3. Unha vez confirmemos o teu pagamento, a asociación porá-se en contacto contigo para finalizar o preceso de matrícula.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 2º convocatoria
Folla de matrícula
Percusión

Percusión
Curso 2019 - 2020

Nome
Apelidos
Enderezo electrónico
Número de teléfono
És sóci@ da A.C. Trépia?
Formación ou cuestión
* @s sóci@s da A.C. Trépia teñen un desconto de 5 € mensuais no prezo das aulas. A cuota de sóci@ é de só 20 € anuais.
Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.