Skip to main content

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
2
Prazas

Zanfona

  • Método

    Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomía interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado.

    Traballaremos tanto repertório tradicional galego como adaptacións do repertório do instrumento en distintas etapas históricas e localizacións.

    • Cada quenda terá 3 alumnos/as, e organizarán-se por niveis. Existen duas modalidades de aula, que o/a profesor/a poderá ofrecer ao/à aulumna/o en función das necesidades de aprendizaxe: Unha sesión conxunta (3 persoas) de 60 min.; ou sesións individuais de 20 min., facilitando neste caso espazos para estudo persoal por outros 40 min.
    • Os agrupamentos finais das quendas serán acordadas co alumnado pol@ profesor/a durante as primeiras semanas do curso.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS MARTES:
    • 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
    • 7, 14, 21 e 28 de novembro;
    • 5, 12 e 19 de decembro;
    • 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
    • 6, 20 e 27 de febreiro;
    • 5, 12 e 19 de marzo;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
    • 7, 14, 21 e 28 de maio;

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Zanfona