Skip to main content

Matrícula Pechada
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
0
Prazas

Percusión

  • Método

    Programación Curso 2023-2024

    Neste curso traballaremos cos dous principais instrumentos de percusión que acompañan à gaita na música tradicional galega: o tambor e o bombo.
    Estudaremos a história, características organolóxicas, mecánica e mantemento destes instrumentos. Amosaremos o sistema de notación deseñado para a percusión tradicional galega. Estudaremos os principais recursos técnicos e a sua aplicación nos distintos ritmos da música tradicional galega. Traballaremos diferentes arranxos para percusión de várias obras para gaita.


    Obxectivos

    • Coñecer os instrumentos e as suas técnicas (básica e avanzada).
    • Estudar os diferentes ritmos da música tradicional galega.
    • Desenvolver o papel de instrumento acompañante único ou en grupo.
    • Fomentar a valoración e o respecto pola música tradicional galega.

    Contidos:

    O tambor e o bombo:

    • História.
    • Características organolóxicas.
    • Mecánica.
    • Mantemento.

    Sistema de notación:

    • Tambor.
    • Bombo.

    Técnica:

    • Agarre.
    • Golpeo.
    • Acentos.
    • Redobre.
    • Mordentes.
    • Efectos.
    • Dinámica.

    Padróns rítmicos:

    • Muiñeira e variantes.
    • Xota e variantes.
    • Pasodobre.
    • Outros ritmos en compás de 2/4.

    Arranxos para percusión (tambor e bombo) de diferentes obras para gaita.

    Metodoloxia:

    • As aulas terán unha duración de 1 hora cunha periodicidade semanal.
    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.

  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS MARTES:
    • 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
    • 7, 14, 21 e 28 de novembro;
    • 5, 12 e 19 de decembro;
    • 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
    • 6, 20 e 27 de febreiro;
    • 5, 12 e 19 de marzo;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
    • 7, 14, 21 e 28 de maio;
    • AULAS MÉRCORES:
    • 4, 11, 18 e 25 de outubro;
    • 8, 15, 22 e 29 de novembro;
    • 13 e 20 de decembro;
    • 10, 17, 24 e 31 de xaneiro;
    • 7, 21 e 28 de febreiro;
    • 6, 13 e 20 de marzo;
    • 3, 10, 17 e 24 de abril;
    • 8, 15, 22 e 29 de maio;

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Percusión