
Fín de matrícula:
30 setembro
-
avanzado
-
Martes
-
19:30 a 20:30
-
10 rátio
-
Onde se atopa
-
20 €
Canto, pandeiro e outras percusións NIVEL 2
-
Método
Toda vez que o pandeiro cadrado é un instrumento que acompaña às pandeiretas de xeito individual (quer dicir, que agás excepcións, non existe unha formación tradicional de tocadores/as de pandeiro cadrado), esta é unha aula adaptada cun funcionamento semellante ao dunha aula grupal de pandeireta e canto tradicional.
Neste curso o alumnado afondará nas diferentes técnicas para o pandeiro cadrado, aprendendo de xeito grupal repertório adaptado a este novo tipo de formación.Dun xeito semellante, o alumnado aprenderá tamén os ritmos tradicionais noutros instrumentos de percusión, asi como técnica vocal adaptada ao canto tradicional.
- O máximo de alumnas/os nesta aula é de 10 persoas.
-
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
-
CALENDÁRIO DE SESIÓNS
- AULAS MARTES:
- 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
- 7, 14, 21 e 28 de novembro;
- 5, 12 e 19 de decembro;
- 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
- 6, 20 e 27 de febreiro;
- 5, 12 e 19 de marzo;
- 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
-
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.