Skip to main content
Claudia Abril

Claudia Abril


Cantante, percusionista, violinista e arranxista. Estuda violín folk e canto e pandeireta na E-Trad de Vigo da man de Alfonso Franco e Xisco Feijoo, compaxinando estas aulas coas de Paco Charlín no Seminario Permanente de Jazz en Pontevedra. Paralelamente acude a aulas regulares de técnica vocal con María Costas e Xela Conde e tamén recibe aulas maxistrais de recoñecidas artistas do panorama do folk, coma Alasdair Fraser, Darol Anger, Laura Cortese ou Ana Rossi. No ámbito laboral, é a profesora responsable das aulas de iniciación ao violín e canto e pandeireta no San Simón Fiddle. Traballa tamén como substituta nas escolas Gain Over, Mundo sonoro, na A.C. Baiona e no Tambor Colectivo. Imparte aulas de música e movemento e iniciación ao violín dende hai catro anos como profesora do proxecto “Sementeira” organizado por Galicia Fiddle. Actualmente compaxina a súa vida laboral coa formación académica de Grado en Música (UNIR). No plano artístico, foi cofundadora e vocalista do cuarteto DADGA, co que presenta o seu primeiro traballo discográfico no NAFCo 2018 en Aberdeen. Colaborou coma cantante nas xiras internacionais de China, Costa Rica e México do violinista Alfonso Franco. No 2019 é invitada por Alasdair Fraser como mestra de canto no seu fiddle camp na Illa de Skye, Escocia. Recentemente participou na gravación do último álbum do harmonicista Marcos Coll. A día de hoxe, é a voz solista e percusionista dos proxectos ‘Galicia Fiddle Orquestra’, Alfonso Franco Trío e ABRIL