
Fín de matrícula:
30 setembro
-
medio
-
Xoves
-
18:30 a 19:30
-
10 rátio
-
Onde se atopa
-
20 €
Pandeireta e canto 3
-
Método
Sesións prácticas de canto e pandeireta nas que se ensinará repertório de diversas zonas, afondando na técnica (tanto vocal como da pandeireta).
• Os obxectivos son mellorar o funcionamento grupal dacordo ao xeito natural -e tradicional- de facé-lo, facendo fincapé en cuestións como a non memorización sistemática de arranxos e letras; mais ao contrário: adquirir a habilidade necesária para tocar e cantar con naturalidade dentro dunha masa coral tradicional, entendendo e respectando o seu funcionamento.
• Traballará-se tamén a técnica vocal e a ornamentación melódica, à par que a rítmica coa pandeireta, ampliando os recursos dispoñíbeis mediante a aprendizaxe de pezas do repertório tradicional.- Cada aula terá un máximo de 10 alumn@s
- Cada sesión ten unha duración de 60 min.
- Aula de nivel intermédio.
-
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
-
CALENDÁRIO DE SESIÓNS
- AULAS XOVES:
- 5, 19 e 26 de outubro;
- 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro;
- 14 e 21 de decembro;
- 11, 18 e 25 de xaneiro;
- 1, 8, 15, 22 e 29 de febreiro;
- 7, 14 e 21 de marzo;
- 4, 11, 18 e 25 de abril;
- 2, 9, 16, 23 e 30 de maio;
-
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.