
Matrícula Aberta
Fín de matrícula:
30 setembro
31
sesións
60
Min
2
Prazas
-
todos
-
Martes
-
Martes, de 19:00 a 19:30; ou Martes, de 19:30 a 20:00; ou Martes, de 20:00 a 20:30
-
3 rátio
-
Onde se atopa
-
30 €
Zanfona
-
Método
Neste curso facilitará-se a aprendizaxe da técnica do instrumento de xeito que se promova ao mesmo tempo o desenvolvemento auditivo, a autonomía interpretativa e a capacidade de improvisación do alumnado.
Traballaremos tanto repertório tradicional galego como adaptacións do repertório do instrumento en distintas etapas históricas e localizacións.
- Cada quenda terá 3 alumnos/as, e organizarán-se por niveis. Existen duas modalidades de aula, que o/a profesor/a poderá ofrecer ao/à aulumna/o en función das necesidades de aprendizaxe: Unha sesión conxunta (3 persoas) de 60 min.; ou sesións individuais de 20 min., facilitando neste caso espazos para estudo persoal por outros 40 min.
- Os agrupamentos finais das quendas serán acordadas co alumnado pol@ profesor/a durante as primeiras semanas do curso.
-
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
-
CALENDÁRIO DE SESIÓNS
- AULAS MARTES:
- 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
- 7, 14, 21 e 28 de novembro;
- 5, 12 e 19 de decembro;
- 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
- 6, 20 e 27 de febreiro;
- 5, 12 e 19 de marzo;
- 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
- 7, 14, 21 e 28 de maio;
-
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.