A carballesa é unha variante da muiñeira que quedou agochada en 4 concellos da montaña do Courel, aínda que supoñemos que tivo que estar estendida por case toda Galiza. Neste obradoiro coñeceremos o que chegou ata nós deste peculiar ritmo.
Achegarémonos à Carballesa a través das fontes escritas e das recollas realizadas nos anos 1980 e princípios de 1990. Aprenderemos os seus xeitos e pasos, centrando-nos no concello de Folgoso do Courel.
Obter un coñecemento xeral das diferentes tipoloxías e variantes, partindo de material en vídeo clasificado por zonas xeográficas, de gravacións realizadas a informantes direct@s da tradición.
Aprendizaxe de pasos, puntos e versións das zonas xeográficas indicadas.
Venres, 10 Decembro 2021 remata o prazo de inscrición no monográfico. A carballesa no Courel ..
1ºUnha vez completes este formulário, recibirás no mail indicado a confirmación de reserva de praza, que se fará efectiva no momento de abonares a(s) cuota(s) correspondente(s).
2ºPara facer o pagamento deberás transferir ou ingresar o importe no número de conta que recibirás no teu email, antes do Luns, 13 Decembro 2021 indicando no concepto "Monográfico " e o teu nome.
3º Lembra que só poderás cancelar a túa inscrición ata o Venres, 10 Decembro 2021 .