Monográficos & Obradoiros

Conferencias - Presentacións
Avance do patrimonio

Propostas culturais

Os monográficos da escola da A.C. Trepia veñen a ser unha serie de cursos ou obradoiros que xiran arredor cultura da música e o baile tradicional.

A diferenza da formación regular que desenvolve a escola, un monográfico é unha formación intensiva que soe desenvolverse en fin de semana ou ben en periodos non lectivos.

Marcos Cardoso

Coordinador de actividades propostas culturais da A.C. Trépia

O que se pretende é achegar ao alumnado da escola e outras persoas interesadas, ao coñecemento de items e actividades culturais tanto de Galiza como de outras comunidades de fóra, e tamén, favorecer a relación entre a música e o baile con outras disciplinas artísticas que poden complementar a vision da cultura de raíz.

CURSO 2019 - 2020

Aberto prazo de propostas

Fainos chegar a túa proposta antes do 1 de setembro. Lembra que dispós dun formulario para facernos chegar todo o que precisamos.
Presentación de proxectos e conferencias

promoción e divulgación

A xente que conforma a asociación devora de contido cultural polo que dende a directiva vémonos obrigados a construír unha rede de conferencias e presentacións, polo que si estas interesado en amosarnos o teu traballo ou queres achegarnos a túa visión no espazo que pertencemos estamos encantadas de acollerte traballaremos para darte un espazo digno e cheo de unidade.

Fainos chegar a túa proposta!

Buzón
Conferencia/Presentación

Buzón
Monográfico

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.