Arquivo Video
Un ano máis a A.C. Trépia levou a bon porto a Anha Urbana na sua V edición. Inda que pasada por auga, os grupos participantes amosaron no entorno da Praza da Pedreira de Ponte Vedra o resultado dos seus obradoiros para a anha (canto, percusión, gaita, danza e festa!). Noraboa a todos e mil grazas por participardes. Este ano contámos coa presenza de:

-
Aulas de pandeireta e canto da A.C. Trépia
-
Aula de baile da A.C. Trépia
-
Aula de gaita da A.C. Trépia
-
Pandeireteiras Maravallada
-
Pandeireteiras do Suído (A Lama)
-
Pandeireteiras Almuinheira (da A.C. Almuinha de Marín)
Asi mesmo, como entidades adheridas à iniciativa, contámos co apoio de:
-
Avelaíña Folk
-
LNB (Liga Nacional da Bilharda) / A.C.D. O Varal
-
Centro Social A Revira (Ponte Vedra)
-
Asociación Cultural / Centro Social Almuinha (Marin)
-
Pandeireteiras Bouba (A Pontraga – Tordoia)
-
Asociación Cultural Brisas do Quenlo (A Pontraga – Tordoia)
-
Asociación Cultural O Tear de Llerena
-
Projecto ['trepia]
Grazas tamén a todas estas entidades que nos deron pulo para continuar coa inicativa, e a todos os que lle destes a maior difusión posíbel: vem-nos na vindeira, no serán de fin de curso!
Socios Online
| No members online |








