Skip to main content

Presenta o teu proxecto

En primeiro lugar, pensamos que debes coñecer os espazos dos que dispoñemos, as suas características e os contidos que máis valoramos à hora de decidir levar adiante o teu proxecto. Aínda asi, non te cortes en facer-nos chegar ideas novidosas ou que non encaixen exactamente: estamos abert@s a calquera posibilidade...

O que valoramos

Temporalización

Preferimos que as propostas veñan pechadas nun periodo de tempo concreto, pois iso facilita a organización e o uso compartido dos espazos (coa escola da Asociación e con outros proxectos que se poidan desenvolver). Se aínda non tes claras as datas concretas, serve con que nos achegues unha proposta inicial que logo poderemos revisar e adaptar en cada caso.

Contidos

Valoramos especialmente aqueles proxectos relacionados coa música tradicional, pero máis aínda se o enfoque se fai dende unha óptica innovadora, na liña xeral da A.C. Trépia: construir novos "espazos" musicais, escénicos ou artísticos en xeral para a cultura tradicional galega.

Espazos

Dispoñemos de duas amplas aulas con capacidade para 11 e 9 persoas respectivamente (atendendo aos protocolos ánti-covid), con ventilación e extracción axeitada, pizarras e equipo de son e proxector; e tamén dun amplo salón de baile - sala multiusos con piso de madeira e espellos, perfecto para actividades de danza ou mesmo proxectos escénicos, dada a grande amplitude. Ademais, na Cultural de Trépia existe unha cociña e outras estáncias que poden ser empregadas para obradoiros de calquera tipo.

"A Cultural" de Trépia está na periferia da cidade, na zona de Mollabao, inda que a pouca distáncia ao centro de Pontevedra fai que sexa facilmente accesíbel a pe, en bicicleta ou mesmo en automóvil (dispoñemos de amplas zonas cercanas de aparcadoiro).

Ubicada na antiga cultural de Salcedo, trata-se dun edifíco con história na cidade, onde durante moitos anos se celebraron bailes e eventos de todo tipo. Recentemente, na A.C. Trépia comezamos a xestionar o espazo, co cal estamos aínda en proceso de acondicionamento e adaptación às necesidades actuais.

Se tes dúbidas, convidamos-te a vir a coñecer de primeira man o local, aínda que no teu proxecto podes incluir -en princípio- so unha referéncia do espazo que precises e as necesidades técnicas básicas.