Danza. Música. Videocreación.

Projecto [`trepja],
VONTADE

Comezou a sua andaina no 2008 co espectáculo "1punto3", que resultou premiado no certame GzCrea co segundo prémio de música e o primeiro de video-creación.

INFINITUM

Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.
A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.
  • Maneo - Auditório de Cangas 14-7-2010

  • Ribeirana - Auditorio de Cangas]

  • Monzo - Auditorio de Cangas

  • Sabarigho - Auditorio de Cangas

  • Programa Luar da Televisión de Galicia

    Compoñentes

    • Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile)
    • Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile)
    • Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile)
    • Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile)
    • Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile)
    • Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile)
    • Diego Pintos (Videocreación)
      Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode)
    • Cayetano Amenabar (Zanfonista)

    Premios

    • 2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010
    • 2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010.
    • 1º posto categoría música certame GZCrea 2008.
    • 2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008
    • Mención especial Certame Nsaio Xeral 2008.

    Queres saber máis?

    Podes mergullarte nas redes sociais