Xandre Outeiro

Xandre Outeiro

  • Coordinador de actividades da A.C Trépia

É mestre de pandeireta, canto e baile tradicional desde 2006 en diferentes asociacións e colectivos. Formou-se como mestre de zanfona na antiga Universidade Popular de Vigo (hoxe E-trad) da man de Anxo Pintos e desde entón ten impartido aulas deste instrumento en várias escolas do país.

Como instrumentista participou en proxectos coma o grupo de pandereteiros O Tear de Llerena (Guillerme Ingnacio, Marcelo Do Bode, Xito Outeiro), Projecto Trépia e A Máquina de Meter Medo (con Cayetano Amenábar), alén de múltiples colaboracións con grupos e artistas como PelDeNoz (Alonso Caxade e Alberte Rodríguez) e Nelson Quinteiro, ou traballos como produccións para bandas sonoras de documentais e propostas audiovisuais con Marta Verde.

Como bailador, foi titular do corpo de baile de GS21 (dir. Óscar Cobos) e do grupo de baile de O Fiadeiro (dir. Chisco Feijoo).

Proxectos
nos que traballo:

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da navegación.
Se continúa a navegar, acepta o seu uso.